Perdón. É o primeiro que nos sae. Hoxe é moi difícil expresar como nos sentimos. Non será un Nadal tan feliz. Onte, ver en primeira persoa como calquera que pasase ao noso lado non podía usar o móbil foi moi duro. Precisamente nestas datas.

É unha mestura de impotencia e de rabia. Estamos tristes por todo o sucedido, polas molestias causadas, polos problemas que tivestes co servizo. Desculparse é pouco.

Toca traballar para que algo así non volva acontecer e recuperar a vosa confianza. O primeiro será compensarvos. Non queremos que vos preocupedes por nada; todo ​será automático. É o mínimo que podemos facer... e debémosvolo.

Nunca antes nos sentimos tan en débeda convosco. Moitos de vós, a pesar das circunstancias, non parastes de darnos ánimo e cariño. Amosastes unha vez máis o grandes que sodes coma clientes. De novo, sen palabras. Tócanos estar á altura e ser ​ese R co que vos sentides identificados. Grazas de novo, e perdón.