Hoxe achegámosvos outra historia do Mercado da Colleita que fala, claro, de emprendemento no rural. Os produtos de Pazo de Vilane están presentes na tenda pop-up de Vigo (Policarpo Sanz, 28/ http://bit.ly/1EUSEyU) coma estiveran tamén na tenda efímera da Coruña o pasado verán. O proxecto de Pazo de Vilane renaceu nos anos 90 coa idea de lle devolver vida ao pazo familiar e desenvolver unha iniciativa sostible para producir basicamente ovos poñendo, sobre todo, unha gran dose de agarimo, coidado e ilusión na tarefa.
"Canto máis dura sexa a terra, mellor para as nosas galiñas!", din eles. Ovos campeiros de calidade de galiñas criadas en liberdade nun contorno natural extraordinario.
Por se estades despistados, o Mercado da Colleita é unha iniciativa de Corporación Hijos de Rivera, (co apoio de Gadis e R) para impulsar a competitividade de Galicia mediante el desenvolvemento socioeconómico do rural. www.mercadodelacosecha.com.