Blog Mundo R - Página 9

Quecheparece

Festa do Choco Redondela 2025: programa, horarios...

Redondela volve enxalzar un dos seus produtos estrela, o choco, nunha festa gastronómica que reúne cada ano a miles de persoas. A Festa do Choco Redondela 2025 celébrase do 9 ao 11 de maio e poderás degustar este manxar, pero tamén gozar de concertos e orquestras, rutas en barco e moito máis. Consulta aquí o programa das Festas do Choco de Redondela 2025.

Xente R

Feira do Libro en Santiago 2025: programa e horarios

É chegar a primavera e o bo tempo e os parques énchense de xente. E a maioría aproveita para ler un libro á sombra das árbores. E coma se fose unha estación máis, chegan as feiras de libros en parques e alamedas. Unha das primeiras, como todos os anos, é a Feira do Libro de Santiago 2025, que é do 3 ao 11 de maio no paseo central da Alameda.

Quecheparece

Semana Santa en Ferrol 2025: procesións, horarios, programa…

A Semana Santa en Ferrol é unha das celebracións de carácter relixioso máis recoñecidas dentro e fóra de Galicia. Dende o Domingo de Ramos ao de Resurrección, transitan as procesións e os pasos de cinco confrarías. Contámosche todo o programa da Semana Santa Ferrol 2025, do 13 ao 20 de abril, cando son as procesións da Semana Santa en Ferrol 2025 e a historia desta Festa de Interese Turístico Internacional, que conta con máis de 400 anos de tradición.

Quecheparece

Concurso: que provincia de Galicia es?

Queres saber que provincia de Galicia es? Entra no noso test e descubre se a túa personalidade encaixa máis en Lugo, Pontevedra, Ourense ou A Coruña. Ademais, ao contestar o test entras nun concurso onde regalamos camisetas de Nikis Galicia. Participa xa!

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en abril de 2025

Abril está cheo de novidades e dunha gran sorpresa na televisión que che ofrecemos en R e é que, a partir do 7 de abril, poderás contratar directamente a plataforma Disney+ con R. Sabemos que o pediras e agora poderás gozar de estreas como a nova temporada de Andor ou Mufasa: El Rey León.

Quecheparece

Influencers galegos que triunfan nas redes sociais 2025

Quen son os influencers galegos con máis seguidores? Buscamos nas redes sociais para facer a lista Top influencers Galicia, que encabezan Xurxo Carreño, Wismichu e Patty Dragona como os principais youtubers galegos ou El Xokas dentro dos streamers galegos; pero hai máis tiktokers e instagramers galegos que triunfan nas redes sociais. Se non os coñeces, empeza xa a seguilos.

Quecheparece

Feira do Viño de Sober 2025: datas, programa, adegas…

A Feira do Viño de Sober 2025 celébrase do 11 ao 13 de abril no recinto feiral instalado na Praza do Concello. É unha das máis antigas e populares da Ribeira Sacra e é unha cita na que podes gozar dos mellores viños das adegas de Amandi. Para que non te perdas nada, dámosche toda a información sobre as actividades e o programa da Feira do Viño de Sober 2025.