Blog Mundo R - Página 10

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en xullo 2025

No verán as estreas non se van de vacacións nas canles da televisión que che ofrecemos en R. Xullo está cheo de grandes series e películas. Furia, a nova serie protagonizada por Candela Peña, Carmen Machi, Nathalie Poza, Cecilia Roth e Pilar Castro, chega a HBO Max. En SkyShowtime, destacan dúas estreas: a oscarizada película Wicked e a segunda entrega da serie Poker Face. E en Warner TV, moita acción con Tokyo Vice.

Quecheparece

O Fuciño do Porco: como chegar, reservas e ruta

Ata hai pouco era descoñecido e case inexplorado pola inmensa maioría da xente, pero nos últimos tempos O Fuciño do Porco estase a converter nun reclamo turístico cos mellores ingredientes: natureza, paisaxe espectacular e unha contorna de ensoño. Amosámosche como chegar, como reservar a visita e a ruta que ofrece.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en xuño 2025

En xuño comeza o verán, as vacacións están a piques de chegar e teremos máis tempo libre para gozar de todas as series e películas que queiramos. Este mes hai moitas estreas na televisión que che ofrecemos en R. En SkyShowtime destaca Matices, a nova serie protagonizada, entre outros, por Elsa Pataky e Maxi Iglesias; Sonic 3: La película, para toda a familia; e a gran gañadora da última gala dos Oscar, Anora. E non podes perderte baixo ningún concepto The Fear index, en Star Channel, e Erica en Warner TV.

Quecheparece

Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025: programa, concertos...

O Asalto ao Castelo 2025 recrea un ano máis as revoltas Irmandiñas, convertendo Vimianzo no epicentro da festa do 4 ao 5 de xullo. O outro prato forte son os concertos do festival ou a cea medieval. Contámosche todo o programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2025 para que goces desta festa de interese turístico de Galicia.