Blog Mundo R - Página 9

Quecheparece

Termas en Galicia: onde están, cales son gratis…

Apetéceche un baño tranquilo en augas cálidas e en plena natureza? Non te perdas o noso percorrido polas mellores termas en Galicia, xa que contamos cun bo número de augas termais ao aire libre e moitas delas son gratuítas. A gran maioría das termas naturais de Galicia concéntranse na provincia de Ourense, convertida nun auténtico paraíso termal. Así que aquí atoparás onde están as termas gratis en Ourense e no resto de Galicia.

Móbil R

O eSIM xa está en R! Adeus ao SIM físico

A espera rematou! En R celebramos o lanzamento do novo iPhone 17 Air e, para que poidas tirarlle o máximo partido, puxemos en marcha a tecnoloxía eSIM. Con esta tecnoloxía, activar a túa liña móbil será moito máis doado e, ademais, ábrese un mundo de posibilidades para conectar todos os teus dispositivos: smartwatch, tableta, televisor e mesmo o teu coche (IoT – Internet das Cousas).

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en outubro 2025

Chega outubro e o terror apodérase de toda a televisión. Se es dos que lles gusta ter medo, gozarás de todo o mes coa televisión que che ofrecemos en R. Aínda así, hai moito máis que Halloween na televisión, empezando polo fútbol: prepárate para ver os partidos do CD Arenteiro, CD Lugo, Celta B, Ourense CF, Pontevedra e Racing de Ferrol porque engadimos a nova canle Primera Federación Versus e-Learning para clientes/as da opción Total TV. Se tes ese paquete, tamén podes ver os partidos do RC Deportivo en LaLiga Hypermotio. E se es subscritor de DAZN, segue o RC Celta en LALIGA EA Sports. Todo o fútbol galego na túa pantalla.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en setembro 2025

Remata o verán e chega o outono, pero en setembro non rematan as series e as películas na televisión que che ofrecemos en R. Unha das gañadoras do Óscar, The Brutalist, chega a SkyShowtime, e de agasallo Dexter: Resurrection. Outra serie imprescindible chega a Warner TV: El primer matrimonio de Georgie y Mandy, o spin-off de El joven Sheldon. E os fans de Goku, tranquilidade, teredes os episodios finais de Dragon Ball Z Kai en Comedy Central.

Quecheparece

Illas de Galicia: como chegar, que ver e cando se poden visitar

Cal é a mellor illa para visitar en Galicia? Difícil escoller só unha, as illas Cíes e as Ons son as máis famosas, pero hai moitas máis illas de Galicia para visitar. Paraísos naturais de todo tipo están ao teu alcance. Indicámosche como chegar, cando podes visitalas, onde durmir e que ver e facer cando vaias.

Noticias de TV

Servizo R Infinity HomeBox: o noso novo descodificador de TV de gama alta

A tele cambiou e R sábeo! No seu día xa demos un salto a nivel de experiencia con rebobina e agora imos dar un salto de calidade. Hoxe a tele é moito máis que ver programas. Podes elixir que ver e cando, xogar a videoxogos, escoitar música, usar miles de apps... e claro, as túas series e pelis favoritas! Por iso, acabamos de lanzar o servizo R Infinity HomeBox.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en agosto 2025

Estamos en pleno mes de agosto, o verán por excelencia, e a televisión que che ofrecemos en R non descansa para que poidas gozar de todas as últimas novidades e estreas durante as túas vacacións. En agosto, destacamos o novo paquete de fútbol de DAZN, que podes contratar sempre que teñas un produto de tele connosco. Por só 10 €/mes, goza de cinco partidos de LaLiga por xornada nas canles 114 e 115, así como de todos os partidos que ofrece LALIGAHYPERMOTION.