OPPO lembrará o 2020 non só pola crise mundial, senón tamén polo seu impresionante crecemento. Para que che fagas unha idea, aumentou as súas vendas un 1456% no terceiro trimestre do pasado ano, segundo os datos da consultora Canalys. É unha auténtica pasada e en R queremos celebralo contigo dándoche esta “opportunidade”: OPPO A72 por 7€ ao mes.
Dito así, quedas como estabas, pero falamos dun móbil con cámara cuádrupla 48 MPX, 128GB de almacenamento, 4GB de RAM e unha batería de 5000 mAh. E isto en que se traduce?
Fotografía profesional
Cunha cámara cuádrupla (48 MPX+8 MPX+8 MPX+2 MPX) e unha selfie de 16 MPX podes facer fotos de calidade profesional.
E as tomas nocturnas, que adoitan ser máis complicadas, saen moi nítidas grazas ao Modo Ultra Nocturno 2.0. Dáche unhas imaxes que superan o brillo e os detalles que pode ver o ollo humano.
Ademais, conta cun sistema Beauty IA “que pode identificar distintos tons de pel en diferentes escenas e condicións de luz. Consegue un efecto de pel máis delicado e un efecto de contorno aínda máis suave”, palabra de OPPO.
Gravación e edición de vídeo en alta calidade
É, sen dúbida, unha das características distintivas de OPPO xunto ao estabilizador de vídeo para facer fronte aos escenarios de movementos.
E forma parte tamén do seu éxito entre os máis novos, que xa non poden vivir sen Tik Tok. Ao sistema anti-shake hai que sumarlle calidade en 4K ou función cámara lenta de 120fps.
Deseño curvo
A súa gran pantalla de 6.5 polgadas é fácil de manexar grazas ao seu deseño curvo en 3D e o seu tamaño ultrafino, cun grosor de só 1.73mm. Ademais, o desbloqueo dactilar atópase no lateral.
Gran capacidade de almacenamento
Una das características que máis se mira agora para comprar un móbil é a súa memoria interna. E é que a ninguén lle gusta descargar as fotos cada pouco tempo porque o teléfono se enche.
O OPPO A72 dáche 128GB (64GB libres para o usuario) que che evitarán ese problema. E se queres máis, podes aumentar a súa capacidade cunha tarxeta microSD.
O seu procesador e memoria RAM de 4GB fan que as aplicacións e os xogos, incluso utilizando varias tarefas á vez, funcionen con maior fluidez.
Máis tempo sen cargar batería
A batería de 5000 mAh equivale en tempo de chamada a unhas 34 horas. Así que che aguantará perfectamente todo o día sen ter que enchufalo. Conta cunha carga rápida de 18W e carga inversa para que lle poidas dar batería ao teléfono dun amigo.
Xa ves que o OPPO A72 vén equipadísimo a un prezo inigualable. Agora seguro que entendes por que creceu tanto en vendas o fabricante chinés.
E ti, xa te pasaches a OPPO? Cóntanos que é o que máis che gusta destes móbiles.