Comprar un móbil Oppo en R este verán é boa idea. E non o dicimos só porque é o mellor momento para cambiar de teléfono, xa se sabe que en vacacións dámoslle moita trasfega; se non porque ten agasallo.

En concreto, o Oppo A74 5G, uns auriculares Oppo Enco Buds; o Oppo A94 5G, uns Oppo Enco Air; e o Oppo Find X3 Lite, unha pulseira deportiva Oppo Band Style.

Os complementos do teu móbil son para o verán

Antes de coñecer todos os detalles destes ‘regalazos’, contámosche por que os complementos para o teu móbil son máis necesarios que nunca durante o verán.

Facerte cuns bos auriculares sen fíos vaiche permitir traballar na casa sen molestar aos afortunados da familia que están de vacacións, escoitar música na praia sen que o cable se poña perdido de area e se molle, ou que poidas ter as mans libres para comer un xeado mentres contestas unha chamada. Esas cousas do verán 😉.

E falando de xeados, non hai que baixar a garda en vacacións e manterse en forma. Se non che acaban de convencer os brazaletes para o móbil cando saes a correr, elixe unha pulseira deportiva como a Band Style que vén de agasallo co smartphone Oppo Find X3 Lite.

Aproveita para cambiar de móbil en R e leva estes regalos.

Oppo A74 5G + auriculares Oppo Enco Buds

Oppo A74 5G + auriculares Oppo Enco Buds

Móbil con cámara cuádrupla de 48 MPX con IA para as túas fotos do verán, 128GB de almacenamento para gardalas e mega batería de 5000mAh para que che dure o tempo da praia, a terraza e a posta de sol.

E de agasallo, os auriculares Oppo Enco Buds, que son máis compactos, sen o clásico bastón, e un estoxo máis plano. Os Enco Buds conéctanse a ambos os dous oídos á vez, eliminando o atraso dos modelos de transmisión de oído a oído. Teñen cancelación intelixente de ruído de chamadas, conéctanse automaticamente ao teu móbil soamente abrindo o estoxo de carga, resisten á auga (ollo, o estoxo de carga non), contrólalos con sinxelos toques e duran 6 horas sen parar.

Promoción válida do 1 de xullo ao 30 de agosto de 2021. Rexistra a túa compra en www.oppopromociones.com/coloryoursummer e finalizado o período promocional, dende Oppo enviaranche o agasallo dos auriculares á dirección indicada no formulario de inscrición, sen custo algún e no prazo máximo de 3 meses.

Oppo A94 5G + Oppo Enco Air

Oppo A94 5G + Oppo Enco Air

Catro cámaras nun só móbil, gravación de vídeo simultánea coas cámaras traseira e frontal en modo de pantalla dividida, carga flash de 5 minutos que che dá para case 1 hora de Instagram e 128GB para almacenar as túas fotos e vídeos das vacacións.

E de agasallo, os auriculares Oppo Enco Air con forma de bastón. Goza de ata 24 horas de tempo de escoita para a túa música e os teus vídeos favoritos, carga flash que proporciona ata 8 horas de audio con só 10 minutos de carga, carcasa semitranslúcida, controis táctiles intelixentes, resistencia á auga, emparellamento rápido e cancelación de ruído en chamadas.

Promoción válida do 1 de xullo ao 30 de agosto de 2021. Rexistra a túa compra en www.oppopromociones.com/coloryoursummer e finalizado o período promocional, dende Oppo enviaranche o agasallo dos auriculares á dirección indicada no formulario de inscrición, sen custo algún e no prazo máximo de 3 meses.

Oppo Find X3 Lite + Oppo Band Style

Oppo Find X3 Lite + Oppo Band Style

Móbil ideal para gravar vídeos nas noites de verán, con modo de vista dual que permite activar ao mesmo tempo a cámara traseira e frontal. Ten catro cámaras, pantalla de 6,4", 128GB de almacenamento e carga rápida para que con só 5 minutos teñas ata 4 horas de batería.

E de agasallo, unha pulseira deportiva Oppo Band Style para as túas propias Olimpíadas do verán. Mantente en forma con 12 modos de adestramento, resistencia á auga ata 50 metros e control de frecuencia cardíaca en tempo real. Recibe notificacións de mensaxes e chamadas entrantes. E úsao durante varios días cunha soa carga.

Promoción válida do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2021. Enviámosche a Oppo Band Style xunto co terminal ao teu domicilio. Limitado a 350 unidades.

Este verán o teu novo Oppo ten agasallo en R. Pasa pola nosa tenda móbilR e elixe o teu.