Ola. Acabamos de estrear o servizo de mantemento móbil e claro, preguntarás, que é iso?. Pois como xa sabes, para a nosa rede fixa, temos un mantemento que se encarga de simplificarvos os trámites cando tes unha avaría nos vosos servizos de televisión, internet ou telefonía fixa.

Moitos de vós preguntábasnos se en móbilR non iamos facer nada semellante. Pois a resposta é si, e iso é mantemento móbil.

E que trámites simplifica mantemento móbil?

Pois os máis habituais que se poden suceder ante unha avaría ou problema cun terminal ou unha SIM:

  • Préstamo gratuíto de terminal de cortesía ao tramitar unha reparación
  • Cambio de SIM sen custo en calquera circunstancia, xa sexa roubo ou perda
  • Atención técnica nunha tendaR ou dende o CAC (Centro de Atención ao Cliente) para axudarche a configurar o teu terminal: correo no móbil, descarga de apps, traspaso de contactos, eliminación de código de seguridade, actualización do software ou optimización do rendemento do terminal... Vaia, é como ter un amigo informático que che bota unha man para calquera cousa relacionada co teu terminal.
  • Realización de orzamentos gratuítos en caso de avaría do teu móbil, sexa cal for a marca do mesmo

Práctico, verdade? E o mellor é o seu prezo. Por só 1€/mes por liña, tes un todo incluído na xestión de avarías no teu móbilR.

E ademais, outra vantaxe. Se xa tes contratado un servizo de mantemento fixo, terás mantemento móbil incluído en ata 4 liñas sen pagar nada máis.

Se es dos que che gusta previr máis que curar, en R poñémoscho moi fácil cos nosos mantementos.

Vas esperar moito para estar tranquilo?

Un saúdo!