Sabemos que o botabas de menos, pero a espera xa acabou. Empeza unha nova tempada da liga nun ano moi especial en que estaremos moi atentos ao que fan os nosos en LaLiga Santander (1ª división) e LaLiga SmartBank (2ª división).
Celta, Dépor e Lugo
Os equipos galegos prometen dalo todo este ano, o Deportivo de La Coruña tentará espantar ás meigas no seu periplo en Segunda, onde lle acompaña o Lugo, mentres que o Celta capitaneado por Iago Aspas pensa xa en Europa. Queremos que non perdas nin un só partido coa mellor calidade grazas á fibra de R.
Como ver o fútbol
Preguntaraste onde podes ver os golazos dos teus equipos. É moi fácil, só necesitas unha conexión a internet para desfrutar ao mellor prezo e comodamente dende o teu sofá de todo o fútbol.
Por exemplo, a través de mitele PLUS podes ver todos os encontros de Primeira división, Segunda, Champions e Europa League dende o teu deco 4K de R (en canto estea a app dispoñible) ou tamén dende a túa smart TV, tablet e móbil.
Sen permanencia
Este tipo de solucións permíteche ver o contido de fútbol sen compromisos de permanencia e dende calquera dispositivo móbil, mesmo existen opcións de elixir paquetes en función do contido que queiras contratar.
Ademais, lembra que Gol (dial 80 en Galicia e dial 87 en León e Cantabria) emite o partido en aberto de LaLiga Santander (1ª división) e dous partidos de LaLiga Smartbank (2ª división), ademais de dous encontros por xornada da Primeira Iberdrola. Non está nada mal, eh?
Un saúdo!