Xián é un nome de home en galego que é moi sonoro, con esa “x” tan propia do noso idioma.
Hai dous elementos que tiveron unha influencia moi destacada no desenvolvemento da cultura galega, un deles é a expansión do Imperio Romano e o outro o posterior asentamento do cristianismo como relixión. Estas influencias tamén chegaron á nosa terra e déixanse ver na creación de nomes como Xián, un nominativo que chama a atención pola súa forma.
Tentamos coñecer máis en detalle este nome, que agora mesmo teñen máis de 1.100 galegos e que se está poñendo de moda, aínda que segue a ser orixinal.
Orixe do nome de Xián
Xián é un deses nomes sobre os que se establecen diferentes teorías ao redor da súa orixe. A Real Academia Galega publicou varios estudos no ano 2013 que indican que este nome procede da palabra gilani, que despois evoluciona a gelani e termina formando o termo Igain.
Doutra banda, e do mesmo xeito que sucede con outros moitos nomes, Xián ten unha raíz que procede do hebreo, pero posteriormente determinouse que a súa orixe está na palabra latina Iulianus.
Este último aspecto ten sentido xa que o latín foi a lingua que se asentou en Galicia, en España e noutros moitos países tras a expansión do Imperio Romano.
Significado do nome de Xián
O nome de Xián ten un significado xenérico que é “de raíces fortes”. Esta significación procede da orixe latina deste nome. Pero tamén hai unha teoría que indica que o seu significado podería ser “beleza” ou “fermosura”.
Todos estes significados provocan que ás persoas que teñen o nome de Xián atribúenselles unha serie de adxectivos. Entre eles atópanse a comprensión, a simpatía, a sociabilidade ou o carisma. A asociación entre o nome de Xián e estes trazos aumentou considerablemente a popularidade deste nome en Galicia.
Homes co nome de Xián
O nome de Xián atopámolo en referencias como San Xián de Antince. Unha figura á que se venera cada 9 de xaneiro. Outros santos que podemos atopar con este nome son:
- San Xián o Hospitalario.
- San Xián de Antioquía.
- San Xián de Brivate
Ademais, está vinculado a moitos lugares. Segundo a Real Academia Galega, trátase dun santo moi venerado, ata o punto de que “ocupa o noveno lugar nos padróns parroquiais, con 127 freguesías”. Ademais, a cidade de Ferrol ten como patrón a San Xián.
Destacamos entre os lugares a San Xián de Almeiras en Culleredo, San Xián de Veiga, a aldea de Xián en Bealo (Boiro), San Xián de Insua (Taboada), San Xián de Salgue (Vedra) ou San Xiánen Carral, Cee, Muros ou ben O Rosal.
Como se di o nome de Xián noutros idiomas?
A tradución de Xián ao castelán sería Julián.
Se nos imos a outros idiomas, estaría Julian en inglés, francés e polaco. Julien en francés, Giuliano en italiano, Nilojuli en albanés, Juliánusz en húngaro, Xuliano en galego, Juliá en catalán ou Julen en eúscaro.
Idioma | Tradución |
---|---|
Alemán | Julian |
Catalán | Julià |
Español | Julián |
Éuscaro | Julian Julen |
Francés | Julien |
Inglés | Julian |
Italiano | Giuliano |
Portugués | Julião |
Romanés | Iulian |
Ruso | Iulian |