Uno dos trazos distintivos da nosa terra foi a unión cos pobos celtas de orixe bretoa. Esta unión contribuíu a incrementar o pasado histórico, mitológico e cultural de Galicia e todo isto vese reflectido no nome en galego de neno Maeloc, do mesmo xeito que noutros moitos nomes.
Orixe do nome de Maeloc
O nome de Maeloc procede do exilio que tiveron os bretóns cara á nosa terra cando foron invadidos polos anglosaxóns. Todo isto deu lugar a unha fusión cultural que trouxo a Galicia nomees como Maeloc.
Deste nome dise que ten unha procedencia celta-insular. Nestes momentos o número de persoas que se chaman así é moi escaso, por tanto, estamos diante dun nome que actúa como reflexo do noso pasado cultural.
Significado do nome de Maeloc
O significado máis claro e directo do nome de Maeloc é príncipe ou xefe. A Real Academia Galega tamén sinala que pode significar grande.
Este factor fai que este nome tamén reflicte a estrutura social que tiñan aqueles pobos que chegaron á nosa terra procedentes das illas británicas e da Bretaña francesa.
Onomástica do nome de Maeloc
Maeloc é un nome que carece dunha data asignada para a súa onomástica. Isto débese a que ten a súa orixe en pobos británicos nos que a Igrexa católica non tiña unha grande influencia. Por iso, como moitos outros nomes, a súa onomástica sería o 1 de novembro, Día de Todos os Santos.
Homes co nome de Maeloc
Maeloc non é un nome moi estendido e iso dificulta atopar persoas famosas que o leven. Aínda así, podemos atopar unha figura histórica con este nome e era un bispo de orixe bretoa do século VI que viviu na nosa terra.
Como curiosidade, Milladoiro ten un disco titulado A Galicia de Maeloc.
Como se escribe o nome de Maeloc noutros idiomas
Do nome de Maeloc aparecen variantes como Maedoc ou Mailog, pero realmente estamos ante un nome que mantén as súas raíces orixinais independentemente do lugar no que se escriba ou se pronuncie. Este feito tamén se produce cando aparece na nosa terra.