Hai nomes que chaman a atención con tan só lelos ou pronuncialos, nominativos que dan a sensación de que as persoas que os teñen son poderosas e que contan con grandes dotes de liderado. Iso é o que ocorre co nome de Alexandre, un nominativo común en Galicia.

De feito, hai máis de 1.600 persoas co nome de Alexandre na nosa comunidade. Iso sen esquecer os seus hipocorísticos e derivados, xa que en Galicia tamén usamos Xandre, Xano, Álex, Xanolo ou Xanducho.

Orixe do nome de Alexandre

Alexandre é un nome de orixe grega, isto débese a que a cultura helena expandiuse por moitos países que contan cunha saída ao mar Mediterráneo, España atópase entre eles, e aínda que Galicia se sitúa na parte noroeste do país e as súas liñas de costas están bañadas polas augas do mar Cantábrico e do océano Atlántico, este nome chegou a nós debido á tradición oral. Hoxe en día é un dos máis populares.

Significado do nome de Alexandre

Sobre o nome de Alexandre recaen diferentes significados, pero o que predomina é o de defensor. Esta significación contribuíu a que este nome fose asignado a persoas que ostentan importantes cargos de poder e que son mundialmente coñecidas.

A propia sonoridade do nome converteuno nunha opción interesante para recentemente nados de Galicia e doutras partes do mundo.

Homes co nome de Alexandre

Algunhas persoas coñecidas que teñen este nome son:

  • Alexandre de Fisterra: coñecido inventor do futbolín.
  • Alexandre Bóveda: político e economista.
  • Alexandre Dumas: o escritor francés é unha das grandes plumas a nivel mundial con libros como Os tres mosqueteiros ou O conde de Montecristo.
  • Alejandro Sanz: cantante e compositor.
  • Alejandro Magno: un dos emperadores máis grandes da historia da humanidade.

Como se escribe o nome de Alexandre noutros idiomas?

Ademais de en Galicia, en Cataluña e na Comunidade Valenciá tamén se usa o nome Alexandre. O mesmo acontece en portugués, mentres que en español a variante é Alejandro.

Por outra banda, en alemán, en neerlandés, en noruegués, en danés, en inglés e en eslovaco úsase o nome de Alexander que é a variación máis empleada. Mentres que en albanés a variación é Aleksandër ou en árabe Al-Eskándar.

Idioma Tradución
Albanés

Aleksandër

Aleko

Leka

Laka

Lekë

Leks

Leksi

Lisandër

Sandër

Skënder

Alemán Alexander
Catalán Alexandre
Español Alejandro
Éuscaro Alesander
Inglés Alexander
Italiano Alessandro
Neerlandés Alexander
Portugués Alexandre
Romanés Alexandru
Sueco Alexander