Xeralmente, cando pensamos na orixe e no significado dun nome, deducimos procedencias históricas e relixiosas. Pero en ocasións aparecen elementos como figuras mitolóxicas que proceden doutras culturas e que hoxe son un referente. O nome galego de nena Noela tamén se ve influenciado por este factor e non pasa desapercibido.
Orixe do nome de Noela
Hai moitas teorías en torno á orixe do nome de Noela e das influencias que tivo, pero todo apunta a que a súa procedencia estaría en nosa propia terra, concretamente no nome da localidade de Noia.
Nestes momentos o nome de Noela estaría considerado como un nominativo referente da nosa terra. Iso débese a que hoxe en día hai preto de 400 mulleres que se chaman así. Destaca o feito de que todas elas residen no noso territorio, salvo algunha excepción. Ademais, a maioría delas concéntranse na provincia da Coruña.
Doutra banda, e a pesar do tradicional deste nome, a media de idade das mulleres que se chaman así é de 24 anos. Por tanto, estamos ante un nome que segue moi vixente na nosa terra e a nosa cultura.
Significado do nome de Noela
A corrente que apunta a que a orixe do nome de Noela está na nosa terra indicaría que este nominativo non ten un significado concreto, pero no pasado mitolóxico da localidade de Noia, este nome aparece relacionado co personaxe bíblico de Noé, por tanto, tería unha significación mitolóxica.
Na biblia, Noé foi escollido por Deus para salvar ás especies animais do diluvio universal. A fundación da localidade de Noia podería estar relacionada con este personaxe bíblico. Ademais, a mesma arca de Noé aparece no escudo do municipio. As lendas antigas indican que Noela era o nome da esposa de Xaphet, que era o fillo do propio Noé.
Outra corrente indica que o nome de Noela podería ser unha das variantes do nome de Noelia, que, á súa vez, é a versión feminina do nominativo Noel. Hoxe en día a figura de Papá Noel é mundialmente coñecida, este personaxe reside no territorio actual de Finlandia e é o encargado de repartir os agasallos aos nenos cada 24 de decembro.
Onomástica do nome de Noela
Todas as correntes e significacións que se lle outorgan ao nome de Noela dificultaron a posibilidade de asignarlle unha figura no santoral. Por iso barállase a posibilidade de que a súa onomástica se celebre o día 25 de decembro, facendo unha referencia clara á versión de que podería ser a variante feminina do nome de Noel.
Mulleres co nome de Noela
Noela é un nome que só se atopa na nosa terra e a media de idade das mulleres que se chaman así é relativamente baixa. Como consecuencia, é difícil que aparezan persoas famosas que o compartan. Aínda que é moi probable que esta tendencia cambie nos próximos anos.
- Noela Blanco: política
- Noelia Rey: presentadora de la TVG
Como se escribe o nome de Noela noutros idiomas
Se se parte da base de que o nome de Noela é unha variante do nome castelán de Noelia, podemos atopar versións deste nominativo en dúas linguas moi recoñecidas.
Idioma | Tradución |
---|---|
Francés | Noélie |
Inglés | Nelly |
Catalán | Noèlia |
Español | Noelia |
Portugués | Noélia |