Melchor, Gaspar e Baltasar encherán de maxia e ilusión a cidade herculina na Cabalgata de Reis na Coruña 2025, o domingo 5 de xaneiro. Preparado para coller caramelos? Pois infórmate aquí do horario e do percorrido da Cabalgata na Coruña para velos no mellor sitio.

Horario da Cabalgata de Reis A Coruña 2025

Recorrido de la Cabalgata en A Coruña 2025
Imaxe: Turismo da Coruña

Queres saber a que hora empeza a Cabalgata de Reis A Coruña 2025? Este ano comezará o domingo 5 de xaneiro 2025 ás 18:00 h, como anunciou o Concello da Coruña.

A duración da Cabalgata adoita ser de dúas horas e media, polo que a chegada á Praza de María Pita podería ser ao redor das 20:30 h. E xusto despois, será o momento no que Melchor, Gaspar e Baltasar se dirixan á cidadanía dende o balcón do Concello.

Este é o horario da Cabalgata de Reis A Coruña 2025:

Domingo, 5 de xaneiro de 2025

  • 18:00 h. Inicio da Cabalgata de Reis da Coruña.
  • 20:30 h (hora aproximada). Chegada dos Reis á Praza de María Pita e saúdo dos Reis dende o balcón do Concello.

Percorrido da Cabalgata na Coruña 2025

Recorrido Cabalgata de Reyes A Coruña 2025
Imaxe: Concello da Coruña

A Cabalgata da Coruña 2025 sairá, como o ano pasado, dende o barrio de Monelos, na rolda de Camilo José Cela.

O percorrido da Cabalgata na Coruña 2025 seguirá pola Avenida de Monelos, Pérez Ardá, Fernández Latorre e Costa da Palloza, para continuar por Linares Rivas, Praza de Ourense, Cantones e Avenida da Mariña ata Porta Real, onde entrarán á Praza de María Pita.

Para que toda a cidadanía poida gozar do paso de Melchor, Gaspar e Baltasar, o Concello habilita varios puntos accesibles en Pérez Ardá (fronte á estación de autobuses), en Praza de Ourense (zona do quiosco), Avenida da Mariña (fronte á Subdelegación do Goberno) e Praza de María Pita (no lateral cara a Troncoso).

Tamén se habilitarán puntos sen ruído no cruzamento entre a rolda de Outeiro e Pérez Ardá, e no interior do Teatro Colón.

Deixámosche por aquí todo o percorrido da Cabalgata na Coruña 2025 para que elixas o mellor sitio para ver ás súas Maxestades e coller moitos caramelos.

  • Rolda Camilo José Cela
  • Avenida de Monelos
  • Alcalde Pérez Ardá
  • Fernández Latorre
  • Catro Camiños
  • Palloza
  • Linares Rivas
  • Praza de Ourense
  • Cantones
  • Avenida da Mariña
  • Porta Real
  • Praza de María Pita

Cabalgata de Reis A Coruña 2025

Cabalgata de Reyes A Coruña 2025

E como vai ser a Cabalgata de Reis A Coruña 2025? Este ano conmemora o 40 aniversario da Casa das Ciencias, polo que veremos ás persoas que participan no desfile cun vestiario que se inspira no ceo e nas estrelas.

Na Cabalgata da Coruña 2025 desfilarán 13 carrozas, 6 trens e 18 espectáculos de animación e música. E por suposto, o sempre esperado camión dos Bombeiros da Coruña que pecha a comitiva e ao que os peques e maiores gritan cada ano: “eses bombeiros, que tiren caramelos”.

En canto á temática, o inverno será o fío condutor, aínda que esperemos que non faga moito frío para gozar desta máxica Cabalgata de Reis.

Visita dos Reis Magos A Coruña 2024 - 2025

Antes da Cabalgata de Reis na Coruña 2025, podes ver a Melchor, Gaspar e Baltasar en persoa no Pazo Municipal de María Pita, do 2 ao 4 de xaneiro 2025, e noutros barrios da cidade, do 27 ao 29 de decembro 2024.

Se queres saudalos e entregar a túa carta, consulta aquí as datas e horarios da visita dos Reis Magos A Coruña 2024 - 2025.

Coa Cabalgata, o Nadal A Coruña 2024 - 2025 despídese ata o ano que vén.