En Galicia podemos atopar nomes que teñen influencias de diferentes civilizacións. Este factor contribúe a aumentar a nosa riqueza cultural e iso vese reflectido no nome en galego de nena Moraima. Ademais, estamos diante dun nome non moi estendido pero que se está a recuperar e que moitas nais e pais elixen para as súas fillas na actualidade.
Orixe do nome de Moraima
A orixe do nome de Moraima atópase no árabe. De feito, hai correntes que apuntan a que podería proceder dun nome semítico que é Maryam. Ademais, este nome deu orixe a María, un dos nomes máis populares. A nivel histórico, Moraima é o nome da esposa do rei Boabdil, que foi o último monarca do Reino Nazarí de Granada.
Doutra banda, hai correntes que apuntan a que este nome podería proceder do latín ou de culturas suramericanas e africanas, aínda que a teoría que indica que Moraima procede do árabe é a máis fiable e aceptada.
Nestes momentos hai preto de 200 mulleres que teñen o nome de Moraima e a maioría delas residen na nosa terra, especialmente en Lugo.
A idade media das mulleres con este nome en Galicia é de 25 anos.
Significado do nome de Moraima
Os significados do nome de Moraima varían en función da orixe que se lle outorgue. Atendendo á súa procedencia musulmá, os seus significados son “amada” ou “estrela de mar”. Doutra banda, a súa orixe latina indica que o seu significado é “fermosa como o froito da amora”.
Tamén destaca o feito de que ás mulleres chamadas Moraima atribúenselles trazos como ser emotivas, expresivas e ter un talento natural para materializar todas as ideas que pasan pola súa mente.
Onomástica de Moraima
O feito de que Moraima sexa un nome que procede da cultura musulmá impediu que teña un día asignado no santoral católico que sirva para conmemorar a súa onomástica. Aínda así, isto non evitou que sexa unha opción popular para nomear as acabadas de nacer que chegan ao mundo. A súa festividade sería o 1 de novembro, Día de Todos os Santos.
Mulleres co nome de Moraima
As características do nome de Moraima impediron que se poidan atopar a un gran número de mulleres famosas que se chaman así. Aínda que neste sentido tamén hai excepcións.
- Moraima Secada: cantante cubana.
- Moraima: derradeira raíña de Granada.
Como curiosidade, Celso Emilio Ferreiro dedicoulle un poema á súa muller Moraima, titulado "Para Moraima, sempre". O primeiro parágrafo di así:
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Por outro outro lado, Moraime é unha parroquia do concello de Muxía.
Como se escribe o nome de Moraima noutros idiomas
Moraima é un nome único que mantén a súa forma e a súa pronuncia cando se verbaliza ou se escribe fóra da nosa terra ou lonxe da súa orixe. Ese trazo tamén o converte nun nome facilmente recoñecible e único.
De forma que se buscas un nome para a túa filla que sexa característico da nosa terra e non sexa demasiado típico, Moraima é unha moi boa elección.