Mercé é un nome galego, pero ten diferentes traducións e variantes. Ademais, úsase noutros lugares e ten máis dunha teoría respecto a a súa orixe.

O nome de Mercé ten unha procedencia moi antiga e que hoxe en día segue a ser unha opción para asignar ás persoas recentemente nadas.

Orixe do nome de Mercé

Existen varias teorías en torno á orixe do nome de Mercé. Unha delas indica que é a tradución ao francés do termo latino merx, que significa Mercurio, e á súa vez, o significado desta palabra é comercio.

Doutra banda, hai unha teoría que di que o nome de Mercé podería ser unha tradución francesa da versión masculina do nome de Mercedes. Aínda así, a teoría que máis prevalece é que é un nome de orixe latina.

Significado do nome de Mercé

O nome de Mercé ten varios significados que varían en función da orixe etimolóxica dende a que se analice. Se se parte da base de que a súa procedencia é a latina e que significa Mercurio, o seu significado sería o “comerciante”, xa que comercio é unha das traducións de Mercurio.

Doutra banda, se se analiza desde o punto de vista de que Mercé é a variación masculina do nome francés de Mercedes, o seu significado sería recompensa.

Pero, do mesmo xeito que sucede con outros moitos nomes, esa orixe latina está directamente relacionado co ámbito relixioso e neste caso o significado de Mercé sería a liberadora.

Outro dos significados que se lle outorga a Mercé, e que tamén está relacionado co ámbito relixioso é o de misericordia. Isto débese a que no ano 1218 se fundou a Orde da nosa Señora da Mercé baixo a protección da Virxe María. Esta organización tiña como misión axudar e rescatar aos cristiáns que estaban presos.

Mujeres co nome de Mercé

Estas son algunhas das mulleres que levaron ou levan o nome de Mercé e que son moi coñecidas:

  • Mercedes Peón: é unha das grandes figuras da música galega. Non só é cantante, senón que tamén toca a gaita e a pandeireta entre outros instrumentos. Entre os numerosos premios que acredita, está o Premio Nacional de Música en 2008.
  • Mercedes Vieito (1887-1960), foi unha mestra e xornalista nada en Cuba, filla de emigrantes das Somozas, que defendeu a identidade cultural de Galicia.
  • Mercedes Queixas Zas: escritora, profesora e política galega.
  • Mercedes Ruibal (1928-2003) pintora e escritora galega.
  • Mercedes Oliveira: filósofa, profesora e escritora galega.

Como curiosidade, sinalar tamén aquí a marca de coches Mercedes-Benz, cuxo nome nace de Mercédès Jellinek, filla de Emil Jellinek, distribuidor en Austria dos automóbiles Daimler de Stuttgart, que acabaría modificando ata convertelos nunha nova marca.

Pola súa banda, en Galicia temos diferentes aldeas e parroquias que renden culto a Nosa Señora da Mercé. Por exemplo:

  • Nosa Señora da Mercé de Chanteiro, en Ares
  • Nosa Señora da Mercé en Rairiz de Veiga
  • Nosa Señora da Mercé de Postmarcos, na Pobra do Caramiñal

Como se di Mercé noutros idiomas

Indicámosche como se traduce Mercé ou como se di noutros idiomas diferentes do galego:

idioma tradución
Español Mercedes
Alemán Mercedes
Catalán Mercè
Éuscaro

Mesede,

Eskarne

Francés Mercédès
Inglés Mercedes
Italiano Mercedes
Portugués

Mercedes,

Mercês

Romanés Mercedia