O nome de Aloia ten unha carga importante de mitoloxía e simbolismo. De feito, está asociado a un lugar concreto moi recoñecido en Galicia desde a antigüidade.
É por iso que Aloia se comezaou a usar cada vez máis como nome de nena en galego. Trátase dun nome de nena que chama a atención pola súa sonoridade e musicalidade. Ademais, estamos diante dun nome orixinal e non demasiado común, porque en Galicia se chaman así só 125 persoas.
Co que se estás a buscar nome para a túa futura filla, é unha opción moi boa.
Orixe do nome de Aloia
En principio pódese determinar que a orixe do nome de Aloia sitúase aquí, en Galicia e a súa etimoloxía é anterior ao latín.
De feito, trátase dun monte que forma parte da Serra do Galiñeiro, o monte Aloia.
Este lugar, en 1978 converteuse no primeiro Parque Natural Monte Aloia, con máis de 10 quilómetros de sendas e 5 magníficos miradoiros sobre o río Miño.
Está situado no concello de Tui, ten máis de 740 hectáreas e conta cun centro de visitantes.
Significado do nome de Aloia
Segundo recolle a Real Academia Galega, o nome de Aloia ten unha orixe prerromana.
Hai referencias no século XII a Sanctum Julianum de Alogia.
Os investigadores cren que a -l- é unha variante de “r” co que estariamos antes unha raíz de procedencia indoeuropea er-. O significado, por tanto, sería “moverse, fluír”, xa que o sufixo -ia está relacionado coa auga.
Mulleres co nome de Aloia
Como o nome de Aloia se comezou a poñer desde hai relativamente pouco ás nenas en Galicia, non hai ningunha referencia que poidamos destacar a nivel cultural, deportivo ou en ámbitos como a ciencia.
Con todo, estamos seguros de que no futuro o nome de Aloia escoitarémolo cando se fale de mulleres que están a facer grandes cousas.
Como se escribe o nome de Aloia noutros idiomas?
O nome de Aloia non ten tradución a ningunha lingua.
Iso débese a que Aloia é un nome propiamente galego, relacionado cun elemento da nosa xeografía.
Tamén é unha das razóns para chamar á túa futura filla co nome de Aloia, porque sabes que é único e orixinal, sen ningún equivalente noutros idiomas.