A cidade herculina pode presumir de museos, porque ademais de ter unha chea, hainos de temáticas moi variadas. Queres saber cales son os museos gratis na Coruña? Cando é gratis a Domus, por exemplo? Que días a entrada é libre nos museos coruñeses? Contámoscho todo nesta lista dos museos gratis na Coruña.
Casa das Ciencias
Pertence á rede de Museos Científicos Coruñeses e leva dende 1985 divulgando ciencia e tecnoloxía dende a súa localización no parque de Santa Margarita. É un plan ideal con nenos, que van a alucinar co péndulo de Foucault ou a incubadora de pitiños; por non falar do planetario que coroa este palacete rodeado de natureza.
Non é en si un museo gratis na Coruña, porque para visitar a Casa das Ciencias debes pagar unha entrada; pero o acceso si é libre nalgúns casos e tamén en datas sinaladas.
Consulta aquí que días son gratis a Casa das Ciencias:
- Festivos locais da Coruña 2024: 13 de febreiro e 24 de xuño de 2024
- Día da Ciencia na Rúa: 6 de maio de 2023 (data 2024 por confirmar)
- Día dos Museos: 18 de maio de 2024
- Semana da Ciencia: 11 - 19 de novembro de 2023 (data 2024 por confirmar)
- Nenos de menos de 4 anos
- Persoas con discapacidade
- Estudantes da Universidade da Coruña
- Persoal docente
- Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas
- Xornalistas, que deben acreditarse
- Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Domus
Cantas xeracións asistiron a un parto en directo na Domus. Pois bota contas porque a Casa do Home leva aberta desde 1995. E é que ese vídeo é un dos módulos que máis impacta deste museo interactivo, pero tamén o enorme retrato da Mona Lisa realizado con caras de persoas. Porque precisamente é un museo dedicado ao ser humano, e pertence tamén á rede de Museos Científicos Coruñeses.
Para ver a Domus debes pagar unha entrada, pero é un museo gratis da Coruña nestas condicións e días, anótaas para saber cando é gratis a Domus:
- Festivos locais da Coruña 2024: 13 de febreiro e 24 de xuño de 2024
- Día da Ciencia na Rúa: 6 de maio de 2023 (data 2024 por confirmar)
- Día dos Museos: 18 de maio de 2024
- Semana da Ciencia: 11 - 19 de novembro de 2023 (data 2024 por confirmar)
- Nenos de menos de 4 anos
- Persoas con discapacidade
- Estudantes da Universidade da Coruña
- Persoal docente
- Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas
- Xornalistas previamente acreditados
- Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos
Aquarium Finisterrae
O terceiro espazo expositivo da rede de Museos Científicos Coruñeses lévate ao fondo do mar. O Aquarium Finisterrae conta cunha enorme colección de especies, entre as que destacan as quenllas, que podes ver na impresionante sala Nautilus, ou as entrañables focas do exterior do museo. Ademais, o acuario realiza exposicións temporais e actividades durante todo o ano, que van incluídas no prezo da entrada.
Porque para visitar as súas instalacións debes comprar unha entrada, pero tamén é un museo gratis na Coruña para os máis peques e datas concretas do calendario. Consulta aquí que día é gratis o acuario da Coruña:
- Festivos locais da Coruña 2024: 13 de febreiro e 24 de xuño de 2024
- Día da Ciencia na Rúa: 6 de maio de 2023 (data 2024 por confirmar)
- Día dos Museos: 18 de maio de 2024
- Semana da Ciencia: 11 - 19 de novembro de 2023 (data 2024 por confirmar)
- Nenos de menos de 4 anos
- Persoas con discapacidade
- Estudantes da Universidade da Coruña
- Persoal docente
- Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas
- Xornalistas previamente acreditados
- Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos
MUNCYT Coruña
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (MUNCYT) alberga máis de 15.000 obxectos científicos, incluído un fragmento do avión que trouxo O Guernica de Picasso a España. Tamén podes ver a lanterna da Torre de Hércules ou o primeiro ordenador que chegou a España.
A entrada é libre todos os días para visitar as exposicións permanentes e temporais do MUNCYT, así como a visita guiada.
Así que, se buscas museos gratis na Coruña, o MUNCYT é para ti.
Museo de Belas Artes
Se che gusta a pintura e a escultura, no Museo de Belas Artes da Coruña vas a alucinar coa colección que podes ver ordenada por épocas: pintura relixiosa do século XVI, vangarda galega do XX... Destaca a sala dedicada aos gravados de Goya ou a colección de cerámica de Sargadelos. Ademais, realiza exposicións temporais súper interesantes, como a dedicada á estancia coruñesa de Picasso.
Para visitar o Museo de Belas Artes debes pagar unha entrada, pero é un museo gratis na Coruña durante a fin de semana ou para os menores de 18 anos, por exemplo.
Consulta aquí cando é gratis o Museo de Belas Artes:
- Persoas menores de 18 anos, maiores de 65 anos e persoas xubiladas
- Membros da Asociación de Amigos do Museo, membros do ICOM
- Sábados pola tarde, en horario de 16:30 a 20:00 h.
- Domingos pola mañá, en horario de 10:00 a 14:00 h.
- Día dos Museos: 18 de maio
Museo Arqueolóxico e Histórico - Castelo San Antón
Queres ver o Castelo de San Antón por dentro? Ademais da beleza desta fortificación situada no Parrote, no seu interior alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Unha oportunidade única para ver a colección de pezas prehistóricas relacionadas coa cidade, A Cisterna escavada na rocha ou a réplica dun barco prehistórico. Unha xoia por descubrir, que podes ver gratis os sábados, por exemplo. Porque non é un museo gratis na Coruña, pero si a entrada é libre determinados días.
Contámosche aquí cando é gratis o Castillo de San Antón:
- Todos os sábados do ano, incluídos o festivos
- Día dos Museos: 18 de maio
- Persoas con discapacidade
- Membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e do International Council of Museums
- Grupos educativos, asociacións do municipio da Coruña con visita concertada e visitas patrocinadas polo Concello
- Persoal docente responsable dos grupos e guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas
Museo Militar da Coruña
O Museo Militar Rexional da Coruña acolle unha inmensa colección de obxectos para coñecer a historia da cidade, a través de maquetas, traxes, carruaxes, máquinas... Moi recomendable a historia e recreacións da batalla de Elviña. Ademais da colección permanente, tamén realiza exposicións temporais durante todo o ano.
Este museo gratis da Coruña atópase xunto ao Xardín de San Carlos e a entrada é libre e gratuíta.
Casa Museo María Pita
Queres ver como era a casa de María Pita? Pois neste museo da rúa Herrerías poderás coñecer en detalle a reconstrución do fogar da heroína coruñesa. Tamén poderás entrar na historia da cidade dos séculos XVI e XVII. A Casa Museo María Pita acolle, ademais, exposicións temporais.
Anota este outro museo gratis na Coruña, porque a entrada é libre e gratuíta.
Casa Museo Emilia Pardo Bazán
Na actual sede da Real Academia Galega viviu a familia Pardo Bazán e permite o acceso para coñecer o gabinete de traballo da escritora ou o salón recibidor. Verás obras de arte únicas, abanicos antigos, a reconstrución dun vestido... e moito máis para descubrir a gran figura da literatura galega.
A entrada a Casa Museo Emilia Pardo Bazán é libre, polo que, se estás a buscar museos gratis na Coruña, anótao para facerlle unha visita.
Casa Museo Picasso
Na rúa Paio Gómez, a escasos metros de onde estudou Picasso na Coruña, atópase a vivenda dedicada ao pintor. Atoparás 33 pezas, a gran maioría traballos de Picasso de mozo que poderás percorrer nas estancias desta Casa Museo Picasso.
Museo gratis da Coruña con entrada libre, que podes solicitar ver tamén nunha visita guiada.
Casa Museo Casares Quiroga
Pai da actriz María Casares e presidente do Goberno da II República, Santiago Casares Quiroga é unha figura imprescindible que podes coñecer en detalle na Casa Museo Casares Quiroga. Situada na rúa Panaderas, conta cun xardín que podes visitar na planta baixa, a recreación de parte da súa vivenda, biblioteca, sala dedicada a María Casares... Realizan actividades e exposicións temporais durante todo o ano.
E a entrada é libre. Anótao para a túa lista de museos gratis na Coruña que debes visitar.
Fundación Luis Seoane
Un recinto expositivo dedicado á obra do creador galego Luis Seoane nas súas diferentes facetas culturais: pintor, muralista, deseño editorial... pezas doadas pola súa viúva que poden verse durante todo o ano, xunto con exposicións temporais que acolle a Fundación Luis Seoane.
Ademais de ser un museo gratis na Coruña, celebra múltiples actividades, como presentacións de libros, talleres de literatura e de escritura, concertos...
Como dicimos, a entrada é gratis e paga moito a pena.
Fundación Barrié
A sede da Fundación Barrié na Coruña abriu as súas portas en 1995 no Cantón Grande e conta cun espazo expositivo de 1.000 metros cadrados. As coleccións permanentes están dedicadas á arte contemporánea internacional e ao pintor Francisco Llorens. Destaca a variada programación de exposicións temporais de moi diferentes temas.
A entrada é libre, así que non tes escusa para achegarte a coñecela de preto. Un bo plan para facer unha ruta polos museos gratis da Coruña.
Sede Afundación A Coruña
No Cantón Grande da Coruña destaca un edificio moi singular, deseñado polo arquitecto Nicholas Grimshaw, dende cuxo ascensor tes unha vista privilexiada da cidade. É a Sede Afundación A Coruña, que constantemente programa exposicións temporais de pintura, fotografía...
A visita é gratis, fóra dalgunha exposición ou actividade puntual.
Fundación MOP
No Porto da Coruña atópase o centro de exposicións da Fundación MOP. Cada ano programa unha exposición diferente de acceso libre, dende a mostra inaugural dedicada a Peter Lindbergh ata a colección centrada en Helmut Newton, ata o 1 de maio de 2024.
Ademais da exposición, as instalacións son espectaculares, así que xa estás a tardar en visitar este museo gratis na Coruña.
Fonte imaxe de cabeceira: Museos Científicos Coruñeses