O teu móbil está nas últimas e estes días necesítalo máis que nunca para estar preto dos teus? Sempre deixas para máis adiante comprar un novo? Agora non tes escusa para cambiar de móbil. Cal é o teu motivo?

  • a cámara non me fai o efecto bokeh para as miñas fotos de Instagram durante o #EuQuedoNaCasa
  • a opción de vídeo queda pillada cando quero gravar os aplausos dende o balcón
  • a batería acábase xusto cando estou no medio dunha chamada en grupo por whatsapp coa miña familia
  • a memoria está tan chea que non podo descargar os vídeos virais sobre o papel hixiénico que chegan ao grupo de curmás/ns
  • o navegador vai tan lento que lle leva unha vida abrir a páxina de noticias
  • vivo nun bucle infinito de buffering (descarga eterna) en Youtube cando me poño o vídeo para facer exercicio (crossfit, fitness...) en casa
  • prescindín das apps na miña vida; nin a de facer memes sequera me cabe. Isto non é vida!
  • quero o último sistema operativo para que o móbil me vaia como un tiro estes días
  • gústame estar á última en tecnoloxía e deseño. Mataría polo último iPhone!
  • creo na obsolescencia programada
  • gústame ter un móbil de reposto para poder deixarllo a quen non ten estes días, como a miña avoa
  • o móbil requéntase e non só cando o deixo preto da xanela
  • o meu fillo derramou o vaso de zume encima cando me axudaba a preparar o almorzo
  • sentei encima dun xoguete do neno co móbil no peto traseiro e rompeu a pantalla

E se necesitas outro par de motivos… velaí che van!:

Motivos para cambiar tu móvil Samsung
  • Samsung Galaxy A30s por 8€/mes: pantalla de 6,4 polgadas, tripla cámara traseira de 25+8+5 MPX e frontal de 16 MPX, 64GB de almacenamento e grande batería de 4000 mAh.
  • Samsung Galaxy A51 por 13€/mes: pantalla de 6,5 polgadas Super AMOLED, cámara cuádrupla de 48 MPX (48+12+5+5) e frontal de 32 MPX, 128GB de almacenamento, gran batería de 4.000 mAh e sensor de pegada dactilar.

Lembra que podes pagalos a prazos durante 24 meses. O ‘motivón’ definitivo!

Estes días necesitas estar máis comunicado cos teus que nunca. Non esperes a cambiar de móbil. Cal vas elixir?