Ola. Hai unhas semanas ofrecémosche gratis os datos durante as fins de semana de 2019 ao cumprir unha serie de requisitos.

Un cliente particular tira moito dos datos durante as fins de semana, porque é cando máis tempo ten libre. Pero pensamos, realmente isto é interesante para aquelas empresas e profesionais que teñen o servizo con nós?

móbil pro

Así que pensando nas distintas necesidades dos nosos clientes, decidimos sacar móbil pro.

Un autónomo ou un negocio seguramente cando máis usa o móbil é durante os días laborais, mirando o correo, enviando arquivos, etc. É por iso que sacamos unha alternativa.

Ti elixes

Se es un cliente de empresa, podes activar o bono de datos gratis durante todas as fins de semana de 2019 ou ben escoller o móbil pro.

En que consiste? Pois nun bono de datos de 10 GB gratis para que uses durante todo o mes. É dicir, son máis datos a sumar á túa tarifa.

Condicións

Podes activar móbil pro se tes un servizo de internet fixo (combo, combo SEN, internet R e mambo), ademais dunha tarifa plana 20GB na liña principal e doutra tarifa R plana comercializable (tarifa R 150 3GB ou superior).

O bono móbil pro, ao igual que o fin de semana, pódelo activar tanto na na liña móbil principal como nas tarifas R planas adicionais que teñas contratadas.

Como activalo

É moi sinxelo. Só tes que ir á web de clientes, dentro da sección de móbil. Dende aí xa che di que liñas son compatibles co servizo e xa o activas de forma gratuíta.

Preguntas e respostas

De seguro que tes algunhas preguntas. Intentamos resolvelas:

  • Durante canto tempo aplica esta promoción? Durante todos os meses de 2019.
  • Que pasa a finais de 2019? Terei que pagar? Non, desactívase o bono de forma automática.
  • Implica permanencia no servizo? Non, non implica ningún tipo de permanencia.
  • Que pasa se activo o bono e despois cambio de tarifa e poño unha inferior a unha plana 20GB? Nese caso o bono tería custo, son 5€/mes (IVE incl.).

Se tes calquera outra dúbida, estamos por aquí á túa disposición.

Un saúdo.