Sen memes a vida sería moi aburrida. E máis, achegándose o 14 de febreiro, cando se supón que todo o mundo debería estar namorado. San Valentín dá moito xogo en redes sociais e nos grupos de Whatsapp. Compartimos memes sobre o 14 de febreiro para cachondearnos do ñoño, a condición de solteira/o ou parodiar a falta de acerto no amor.
En R cremos que nunca nos debe faltar o humor, así que imos rirnos un pouco de Cupido. Queriamos contarche por que o 14 de febreiro é o Día dos Namorados, pero mellor que o fagan Pascu e Rodri de “Destripando la Historia”, que teñen moita graza:
E agora que xa sabes de que vai a cousa, aquí deixámosche uns cantos memes para que os descargues e os envíes ao teu curmán o solteirón.
¿Team Shakira ou Team Piqué?
Como ve Miércoles Addams o día de San Valentín
O amor está sobrevalorado
Eu paso do amor
Riquiño
Esperando a que a frecha de Cupido te alcance
Os chorras de sempre
Bombóns, rosas, cea romántica… Se acabas de saír da costa de xaneiro?
O teu móbil bota fume en San Valentín? Xa estás a tardar en compartir nas nosas redes sociais os memes máis divertidos que recibises. E ri ti do amor!