Cando viaxas ao estranxeiro poden xurdir moitos imprevistos, como que che pique un mosquito en Tailandia. Respira, porque, aínda que non teñas wifi, “googlear” o médico máis próximo no teu móbil de R non che doerá tanto como a picada. E é que baixamos o custo dos datos en roaming en países como Tailandia.

Pero non é a única novidade: tamén ampliamos a listaxe de países da zona 2. Precisamente o país asiático antes estaba na zona 3, cun custo máis elevado de datos, e pasa á zona 2, que arestora é máis barata.

De seguido entenderás isto das zonas, por se che soa a chinés, cando che expliquemos estas dúas grandes melloras nas tarifas de roaming de R.

Que é o roaming e como se distribúe en zonas

Cando viaxas ao estranxeiro, o teu móbil conéctase ás redes móbiles doutros operadores para que poidas seguir falando e navegando, aínda que esteas fóra de España. Iso é o roaming.

E dependendo do país ao que viaxes, chamar, conectarte a internet ou enviar un SMS pode ser gratis ou ter un custo. Iso varía dependendo da zona onde se atope o país.

  • Zona 1: Espazo Económico Europeo (os países da UE xunto con Islandia, Liechtenstein e Noruega) e os Estados Unidos. Aquí o roaming é gratis e está incluído na túa tarifa móbil, polo que non tes que pagar ningún extra. E para a túa comodidade, vén activado por defecto.
  • Zona 2 e 3: O resto de países que non están no Espazo Económico Europeo. Ollo que inclúe Andorra e Suíza. E dende eles, chamar e navegar ten un custo que varía segundo a zona na que se atope o país ao que viaxes. Podes ver aquí a lista de países e tarifas. Neste caso, terás que activar o roaming dende a web ou a app de clientes R. Alí poderás elixir se queres activar só as chamadas ou só os datos, ou ambas as dúas opcións.

Pois ben, as melloras que che contabamos aplican á zona 2 e son estas.

Baixamos o custo de datos en roaming da zona 2

A partir de agora cando viaxes a un país da zona 2, conectarte e navegar por internet co teu móbil de R será moito máis barato que antes.

E dicimos moito máis porque a tarifa de datos en roaming da zona 2 pasa de 3,63€/MB a 0,024€/MB (si, si, les ben, pasou a 2,4 céntimos por cada mega que gastes). Como ves, é un aforro considerable que só gozarás por seres cliente/a de R.

É que, se o comparas coas tarifas doutros operadores na zona 2, conectarte a internet dende Canadá, por exemplo, pódeche custar 6,05€/MB ou 12,10 €/MB dependendo da compañía.

Mentres que, en R, navegar co teu móbil dende Canadá, custarache só 0,024€/MB. Así poderás viaxar máis tranquilo e non levarás ningún susto na túa factura.

Mejoras de roaming en R: navega más barato en más países del extranjero

Ampliamos a lista de países da zona 2

A outra gran noticia que che adiantabamos é que vimos de ampliar a listaxe de países que están incluídos na zona 2.

Isto que quere dicir? Pois que agora é moito máis barato conectarse a internet dende unha chea de países que antes estaban na zona 3 e, polo tanto, tiñan un custo máis elevado, de 6,05€/MB.

Volvemos ao exemplo de Tailandia. Antes, para subir unha foto da túa viaxe a Instagram ou buscar un chiringuito en Google Maps, o prezo mega era de 6,05€; e agora só custarache 0,024€/MB. .

E como Tailandia, outros destinos de moda como Vietnam ou México, veñen de pasar da zona 3 á zona 2, co aforro que iso supón cando te conectas a internet.

Pero hai máis: China, Australia, Brasil,… Na web mundo-r.com/roaming podes ver a zona en que se atopa o país ao que vas viaxar e o custo de navegación e chamadas.

Esperamos que estas dúas grandes noticias fagan aínda máis feliz a túa viaxe ao estranxeiro.

E se tes algunha dúbida sobre o roaming, escríbenos nos comentarios.