Lois é un nome de neno en galego que se puxo de moda durante este século XXI, entre outras razóns porque é curto e moi sonoro.

Este nominativo é un dos que teñen unha presenza importante na nosa terra e na súa orixe e no seu significado conflúen diferentes linguas e culturas que formaron e que forman parte de Galicia.

Orixe do nome de Lois

Ao analizar o nome de Lois podemos atopar que a súa raíz é occitana ou francesa. En concreto, a Real Academia Galega indica que provén de Hlodwig ou Hlodowig, que está formado á súa vez por hlod (gloria) e weig (loita, batalla).

A partir de aí, o latín transformou este nome en Clodovicus ou Ludovicus.

Actualmente, hai preto de 1.300 persoas que teñen este nome e todas elas residen nas catro provincias do noso territorio. A media de idade dos homes é de 22 anos. Este dato demostra que o nome Lois é un nome relativamente recente.

Significado do nome de Lois

Se queremos concretar o significado do nome de Lois aparecen termos como ilustre ou combate.

Estas significacións están relacionadas coa figura de San Luís Gonzaga, que era o príncipe herdeiro dunha rexión italiana que renunciou aos seus dereitos para poder entrar na Compañía de Jesús. Morreu atendendo aos enfermos da peste con tan só 23 anos.

Neste caso aparece de novo unha historia na que unha persoa fai un sacrificio para poder ingresar nunha organización cristiá.

Ademais, ás persoas que teñen este nome atribúenselles características como o ser apaixonados, sociables e amigables.

Homes co nome de Lois

Neste caso, imos indicar diferentes referentes tanto co nome de Lois como a súa variante Luis.

  • Lois Pereiro: escritor e poeta ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas.
  • Lois Tobío Fernández: diplomático e tradutor de Lugo.
  • Lois Patiño Lamas: director e guionista vigués.
  • Luís Amado Carballo: escritor.
  • Luís Pimentel: poeta.

Como se escribe o nome de Lois noutros idiomas

O nome de Lois ten traducións a diferentes idiomas, a máis coñecida é a de Luis ao castelán, pero tamén destaca a súa variante feminina que sería Luísa.

Idioma Tradución
Alemán Ludwig, Alois, Aolisius
Bretón Login, Loic, Loeiz
Catalán Lluis
Español Luis
Aragonés Loís
Checo Ludvík
Éuscaro Koldo
Francés Loui
Holandés Lodewijk
Húngaro Lajos
Italiano

Aloisio, Ludovico, Luigi

Portugués Luís
Romanés Ludovic
Ruso Liuvig