Que Vivo máis chulo! Déixame o teu Vivo! Compráches un Vivo? Así se van quedar todos cando che vexan co teu novo móbil Vivo, que agora está dispoñible en R.

Porque estreamos o ano ampliando o catálogo de móbiles de R, con novos fabricantes e novos modelos, para que teñas a mellor oferta e moita variedade para elixir.

Prepárate para marcar a diferenza cos Vivo Y21s por 8€/mes e Vivo Y52 5G por 9€/mes.

Vivo Y21s por 8€/mes

Vivo Y21s

Queda con estes datos: tripla cámara de 50 MPX, batería de 5000 mAh, 4GB de RAM + 1GB e 128GB de almacenamento.

O Y21s ten unha pantalla de 6,51 polgadas HD+. Fino, moderno e lixeiro, esconde unha súper batería de 5000 mAh con carga rápida de 18W.

Desbloquéalo con só pulsar o botón de aceso lateral, que ademais é un sensor de pegada dactilar.

Para inmortalizar todos os teus recordos do ano o Y21s conta cunha tripla cámara: 50 MPX que lle dan gran claridade ás túas fotos, cámara bokeh de 2 MPX para os teus fondos desenfocados e sensor supermacro de 2 MPX para captar os detalles a pouca distancia.

Ademais, sairás de luxo nos teus selfies coa cámara frontal de 8 MPX con ‘beleza facial’ e ‘modo supernoite’.

E para gardar todos eses “fotóns”, dispós de 128GB de almacenamento.

Co Y21s poderás cambiar de forma fluída entre aplicacións e executalas sen atraso porque ten 4GB de RAM que podes estender 1GB máis do teu espazo ROM inactivo.

Se xogas habitualmente co teu móbil, a experiencia agora será total. Podes silenciar as notificacións, poñer o modo Esports e moito máis.

O sistema operativo é Android 11.

Leva o Vivo Y21s por 8€/mes en R.

Vivo Y52 5G por 9€/mes

Vivo Y52 5G

Ideal para ver series ou xogar na súa gran pantalla 6,58" FHD+. O seu deseño fino e lixeiro fano moi cómodo de suxeitar e desbloquear cun botón lateral, que é tamén sensor de pegadas.

Destaca a disposición das tres cámaras traseiras encadradas nun bordo metálico. A lente principal de 48 MPX capta imaxes súper claras ata na escuridade co ‘modo supernoite’, a bokeh de 2 MPX daralle profundidade ás túas fotos e o sensor supermacro de 2 MPX achégate a unha distancia de 4cm.

Para os selfies contas cunha cámara de 8 MPX con ‘beleza facial’. E para os vídeos, estabilidade total ante calquera movemento.

Almacénaos todos sen ter que descargar cada pouco tempo grazas aos seus 128GB de almacenamento.

A batería de 5000 mAh durarache máis e tardarás menos en telo ao 100% coa súa carga rápida de 18W.

Se xogas no móbil, o Vivo Y52 ofréceche unha partida sen interrupcións e sen atrasos co  Multi-Turbo e o Modo Ultraxogo.

A memoria RAM é de 4GB e o sistema operativo, Android 11.

Estrea o Vivo Y52 5G por 9€/mes en R.

Elixe o teu novo móbil Vivo en R e marca a diferenza.