En R queremos que teñas a mellor oferta en teléfonos móbiles para que poidas escoller o que máis se adapta a ti. Agora, dámosche unha nova opción ao incorporar ao noso catálogo a marca OPPO. E como na variedade está o gusto, traémosche dous modelos: OPPO A9 2020 e OPPO A5 2020. O seu punto forte está na batería de 5000 mAh e na súa cuádrupla cámara. E o mellor de todo é o seu prezo. Presentámoschos porque tes que coñecelos.

OPPO A9 2020

Un gama media con prestacións de luxo: catro lentes traseiras de 48 MPX, 8 MPX, 2 MPX e 2 MPX; cámara selfie de 16 MPX; pantalla de 6,5 polgadas con resolución HD+; e unha batería de 5000 mAh para que fales todo o día sen ter que cargalo constantemente. Xa podes levalo na nosa tenda R por 10€/mes durante 24 meses.

OPPO A5 2020

Moi parecido ao A9, con batería de 5.000 mAh e catro cámaras traseiras, virache xenial se o que buscas nun móbil son as mellores prestacións a moi bo prezo, 7€/mes. Ademais, inclúe unha tarxeta de memoria de 64GB de agasallo.

Máis oferta

O fabricante chinés OPPO vén engrosar a lista de smartphones que podes levar en R. E non son poucos. Estes dous novos modelos súmanse aos Honor, Xiaomi, Samsung, LG ou iPhone que atoparás nas nosas tendas R e web. Achégate a botarlles un ollo e asesorarémoste no que necesites.

Estamos desexando saber que che parecen estas dúas novidades. Escríbenos e cóntasnolo.