Xa podes facerte cun móbil Honor en R. O fabricante chinés volve ao catálogo de R e faino con todas as honras, presentando un auténtico ‘cogombro’ de teléfono.
O novo Honor 50 ten unha cámara de 108 MPX e unha selfie de 32 MPX, gravación multivídeo, almacenamento de 256GB, RAM de 8GB, súper carga rápida, pantalla de 6,57 polgadas e é bonito a rabiar.
Ademais, aterra en R a un superprezo de 18€ ao mes. Outra dimensión!
Todo é dobre no seu deseño
Estética de dobre anel para o módulo da cámara traseira, dobre capa e textura, dobre revestimento.
A súa pantalla de 6,57 polgadas OLED está deseñada con liñas curvas para que teñas unha experiencia inmersiva.
Primeira cámara en Honor de 108 MPX
Honor pode ir ata o máis mínimo detalle coa súa primeira cámara ultranítida de 108 MPX. No segundo anel sitúa a lente grande angular de 8 MPX, a cámara con bokeh de 2 MPX para os teus efectos desenfocados e o sensor macro de 2 MPX.
Para facerte selfies de nivel tes 32 MPX, con modo grande angular para meter a máis amigos na foto, e un resultado nocturno brillante.
Pero no que saca peito o Honor 50 é na gravación de vídeo. Olliño: podes cambiar os diferentes modos de gravación multivídeo nunha mesma toma. E isto para editalo despois, dáche moito xogo.
Tamén podes cambiar entre a cámara dianteira e as traseiras, gravar a cámara rápida e lenta, traballar á vez coa cámara principal e a grande angular.
O resultado, mellor velo ti mesmo:
Xa ves que o vas pasar en grande facendo vídeos. Para gardalos, Honor pensou que vas necesitar bastante espazo, por iso dáche 256GB. Grava sen límite e xa, se iso, descargas o material cando te lembres.
70% de carga en 20 minutos
En menos do que tardas en cocer un polbo, tes o teu Honor 50 cargado ao 70%. E é que unha gran batería de 4300 mAh cunha supercarga rápida de 66 W, aguanta todo o choio que lle deas ao teléfono; incluído o selfie co polbo 😉.
Hardware para un rendemento extraordinario
O procesador do Honor 50 aumenta o rendemento, para a multitarefa e para o gaming. Pero é que ademais ten unha memoria RAM de 8GB e sistema operativo Magic UI 4.2 (baseado en Android 11).
Nada mal, eh?
Pois o mellor é o seu prezo. Leva en R o Honor 50 por 18€ ao mes durante 24 cotas.