Apetéceche unha hamburguesa? Neste post atoparás unha recompilación de locais nos que podes tomar unha boa hamburguesa na Coruña.
Clásica, vexetariana, gourmet... Hamburguesas para todos os gustos e petos.
Aquí tes a nosa selección de mellores hamburguesas na Coruña.
Carnivale
Carnivale converteuse nunha das hamburgueserías máis populares da Coruña, con dous locais na cidade e un terceiro na veciña localidade de Culleredo.
Cales son as claves do seu éxito? As súas hamburguesas Carnivale ben aplastadiñas, estilo smash, para darlle o toque crocante; as Burgers de Vaca "Dry Aged" con carne madurada 60 días ou a burger "15002", toda unha homenaxe á súa orixe.
La Pepita Burger Bar
Na Pepita souberon darlle a volta á hamburguesa de toda a vida para conseguir novos sabores e opcións sen perder a súa esencia. Hainas de boi, pito de curral, porco ibérico, peixe...
As súas hamburguesas acompáñanse de salsas con receitas orixinais da casa, pan fresco e artesanal, patacas fritas caseiras e ata máis de dez queixos diferentes.
Se prefires gozalas na casa, contan con servizo a domicilio.
Hamburguesería Hermes\' Journey
Hermes’ Journey, local fundado polo chef Hermes Castro, propúxose transformar a comida da rúa nunha experiencia culinaria sen precedentes.
Sen dúbida, entre os grandes reclamos do seu restaurante, situado en pleno corazón da Coruña, destacan as hamburguesas. Gladys, Betty, Dakota... son só algunhas das opcións. E non podemos esquecernos de Dixie, aspirante a Mellor Hamburguesa de España; e Grace, unha hamburguesa de tenreira e touciño con maionesa elaborada a base de lima e guindilla que foi recoñecida como a 2ª Mellor Hamburguesa de Galicia.
Mr. Ollie Burgers
Un dos locais máis recentes nos que podes gozar dunha boa hamburguesa na Coruña é Mr. Ollie Burgers.
A súa especialidade son as hamburguesas sinxelas, con carne de vaca galega e pan de batata exclusiva. A carta é tan sinxela como apetitosa: Double Cheese, Hamburguer, Oklahoma e Rocky.
Goiko A Coruña
Prepárate para gozar do gotexo sen que che importe manchar as mans. Onde? En Goiko, unha cadea de hamburgueserías que xa conta con máis de 100 locais en España, un deles na Coruña.
Na súa carta, burgers clásicas da marca, como "La Muslona" ou Don Vito; hamburguesas para os nenos, como Goiko Kids de Carne ou Goiko Kids de Pito; opcións veganas, como Veggie Good; e o úlimo grande éxito de Goiko, a hamburguesa Golden Glaze.
Barlovento
De hamburguesas gourmet saben moito en Barlovento.
Este local da rúa Federico Tapia da Coruña prepara burgers tradicionais, con jalapeños, galegas ou vexetarianas, entre outras. Podes elixir entre pan rústico, bombón artesán ou especial celíacos. Ademais, a carne que utilizan procede de animais cuxa alimentación é exclusivamente natural.
Cheesy Burger
Nas hamburguesas de Cheesy Burger, sabores diferentes, ingredientes frescos e a marca da casa, o Smiley Tamp.
Detrás de cada elaboración, nótase a man de Daniel, o fundador de Cheesy Burger, e encargado de preparar unha hamburguesa especial e diferente cada quince días.
Así que non deixes pasar a oportunidade de saboreala no local da Praza de Portugal ou de recollela alí e levala para a túa casa.
ROJO ® smash burger
As smash burger (ou hamburguesas esmagadas) encarnan o máis puro estilo americano. E convértense en auténticas hamburguesas gourmet, deliciosas e crocantes.
ROJO ® smash burger é un dos locais pioneiros en traer á cidade herculina o estilo smash. Na súa carta, ata oito smash burger e unha hamburguesa moi especial: a versión da "Juicy Lucy", con queixo do país.
La Oficina Burger Company
Finalizamos o noso percorrido por algunhas das mellores hamburgueserías da Coruña na zona de Matogrande. Alí atópase La Oficina Burger Company, aínda que tamén dispón de reparto a domicilio por toda a cidade.
Prefires unha clásica, 4 queixos, grellada, vexetariana...? Se che apetece innovar, proba a de "Rulo de cabra" ou "Vaca Cachena".
Xa ves cantas opcións apetecibles ofrece o mundo das hamburguesas na Coruña. Por cal empezamos?