Explicámosche como activar e configurar o contestador avanzado de R no teu teléfono fixo e no teu móbil, para que che deixen unha mensaxe cando non podes atender unha chamada ou non estás na casa.

Como activar, acceder e configurar o contestador do teléfono fixo

Se nunca utilizaches o servizo contestador, o primeiro paso é activalo:

  • descolga o teléfono, marca 10# e pulsa a tecla de chamada

Agora xa estás listo para recibir mensaxes no teu contestador.

Dende o menú do contestador avanzado da túa liña fixa podes escoitar as túas mensaxes, configurar o idioma, personalizar a mensaxe de benvida… Imos paso a paso.

  • acceder ao teu contestador dende a túa mesma liña de fixo: marca o número 22277 e pulsa a tecla de chamada.
  • acceder ao teu contestador dende un teléfono distinto ao teu: marca o número 900 825 277. Despois de escoitar a locución, deberás teclear unha clave PIN de acceso, que podes configurar pulsando a tecla 9 e seguir estes pasos:

  1. Selecciona a opción configurar clave de acceso mediante a tecla 4.
  2. Grava a túa clave (debe levar 4 díxitos que, por seguridade, non poden ser 1234, nin catro ceros, nin os últimos díxitos do teu teléfono).
  3. Este proceso só é necesario facelo unha vez e xa poderás seguir co acceso ao teu contestador.

Despois de marcar o PIN, introduce o teu número de teléfono seguido dun cancelo (#) para escoitar as mensaxes que che deixaran no contestador.

Agora que xa accediches ao contestador, dende a tecla 9 podes configurar o idioma e a mensaxe de benvida:

Cómo activar, acceder y configurar el contestador del teléfono fijo

  • configurar a túa mensaxe de benvida: pulsa a tecla 1 e grava o saúdo que queres que escoiten. Tamén podes gravar o teu nome marcando a tecla 2 ou utilizar a mensaxe estándar do contestador pulsando a tecla 3.

Indicámosche tamén todas as xestións que podes facer dende o teu contestador:

tecla 0: axuda

tecla 1: devolver unha chamada

tecla 2: volver escoitar a mensaxe

tecla 3: borrar a mensaxe e escoitar a seguinte

tecla 4: gardar a mensaxe que se está escoitando durante 7 días

tecla 5: escoitar os datos da persoa que deixou a mensaxe e cando

tecla 6: escoitar a hora en que se deixou a mensaxe

tecla 7: borrar todas as mensaxes gardadas

tecla 8: avanzar 5 segundos a locución que se está a escoitar

tecla 9: volver ao menú principal

teclas 00: facer unha pausa na mensaxe (para volver escoitar a mensaxe basta con pulsar calquera tecla)

tecla #: saltar a mensaxe e escoitar a seguinte

tecla *: volver ao menú principal

Outra opción do contestador avanzado de R que che pode resultar moi cómoda é o reenvío de mensaxes ao teu correo electrónico. Podes configurar esta función directamente na web de clientes R ou na túa app R para Android ou a app R para iOS.

Como activar, acceder e configurar o contestador do teléfono móbil

Se es novo no servizo contestador, debes activalo:

  • descolga o teléfono, marca 004 278# e pulsa a tecla de chamada.

A partir de agora, se non atendes unha chamada porque estás ocupado, apagado ou fóra de cobertura, poderán deixarche unha mensaxe no contestador. Cando sexa así, enviarémosche unha mensaxe curta de notificación indicándoche que tes unha mensaxe nova e o número de teléfono da persoa que cho deixou para que o escoites cando queiras.

Estas son todas as opcións para xestionar esas mensaxes de voz:

tecla 0: axuda

tecla 1: devolver unha chamada

tecla 2: volver escoitar a mensaxe

tecla 3: borrar a mensaxe e escoitar a seguinte

tecla 4: gardar a mensaxe que se está escoitando durante 7 días

tecla 5: escoitar os datos da persoa que deixou a mensaxe e cando

tecla 6: escoitar a hora en que se deixou a mensaxe

tecla 7: borrar todas as mensaxes gardadas

tecla 8: avanzar 5 segundos a locución que se está a escoitar

tecla 9: volver ao menú principal

teclas 00: facer unha pausa na mensaxe (para volver escoitar a mensaxe basta con pulsar calquera tecla)

tecla #: saltar a mensaxe e escoitar a seguinte

tecla *: volver ao menú principal.

Desactivar contestador R:

Desactivar o contestador R é moi sinxelo.

Para desactivar o contestador nun teléfono fixo de R:

1. No teléfono fixo descolga o auricular e, tras escoitar ton, marca #10# e pulsa a tecla de chamada do teu teléfono.

2. Ou ben, dende a web de clientes podes facelo dende o apartado de "teléfono" > "configurar teléfono" > "configurar contestador e fax".

Para desactivar o contestador nun móbil de R:

1. Teclea no teu móbil de R o código #004# e, despois, pulsa a tecla de chamada. Con iso xa desactivarías o contestador de R.

2. Dende a web de clientes tamén o podes no apartado de "móbilR" > "configurar móbilR" > "configurar contestador móbilR".

Acceder ao contestador R dende o estranxeiro:

Se estás no estranxeiro debes ter dúas cousas en conta:

As chamadas ao contestador, só se estás no estranxeiro, teñen o mesmo custo que unha chamada en roaming.

E o acceso ao contestador realízase marcando o número 0034698111277 e introducindo unha clave ou PIN.

Para configurar esa clave ou PIN, así como o idioma e a mensaxe de benvida segue os mesmos pasos que che explicamos máis arriba, porque son exactamente os mesmos que para configurar o contestador do teléfono fixo.

Outra función que comparte co fixo é a opción de reenviar as mensaxes do contestador ao correo electrónico. E pódelo configurar tamén dende a web de clientes R ou na túa app R para Android ou a app R para iOS.

Cómo activar, acceder y configurar el contestador del teléfono móvil

Esperamos terche axudado a xestionar o teu contestador avanzado no teléfono fixo e móbil de R.

Se tes calquera dúbida, podes consultar o manual de usuario do contestador avanzado ou revisar as preguntas máis frecuentes do contestador avanzado para teléfono fixo e as preguntas do contestador para teléfono móbil.

E para calquera outra consulta, aquí estamos.