menú
Apps para aprender gallego

Apps para aprender galego

11/09/2019
Blog R

O saber non ocupa lugar e menos se o tes no móbil . Descarga e consulta estas apps para aprender galego en calquera momento, de forma amena e divertida. Dicionarios, tradutores, formación, recursos audiovisuais e o Xabarín que non falte. Imos aló?

Dicionario RAG

Aplicación desenvolvida pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega para resolver todas as túas dúbidas sobre léxico. Podes realizar procuras con texto preditivo, escoitar como se pronuncian as palabras, gardar palabras favoritas, acceder ao teu histórico, coñecer definicións, sinónimos e antónimos, saber como se conxuga un verbo ou compartir termos en redes sociais. Ademais, se sacodes o móbil, proponche unha palabra. Tes dispoñible unha chea de xogos e a palabra do día. E o mellores que funciona sen necesidade de estar conectado a internet. Como ves, unha ferramenta moi útil e completa.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para aprender gallego Diccionario RAG

ConxuGalego

Xa sabemos que os verbos espertan bastantes dores de cabeza en todo os idiomas. Para saber conxugar perfectamente un verbo en galego podes confiar nesta app feita en Galicia. Ademais de mostrarche a conxugación completa, podes buscar o significado e traducir a palabra.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para aprender gallego Conxugalego

Tradutor Gaio

Non só se estás a aprender idiomas, consultar un tradutor en calquera momento resulta tremendamente útil para non darlle patadas ao dicionario . Gaio permíteche traducir automaticamente textos entre galego, castelán, portugués, inglés e catalán. E se non atopas a palabra que necesitas, podes suxerir que a inclúan. Na sección preguntas frecuentes atoparás unha explicación ás dúbidas máis frecuentes.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para aprender gallego Tradutor Gaio

Google Traductor

O tradutor de Google tamén che pode botar unha man, aínda que as expresións galegas non as leva moi ben :
Dispoñible para Android e iOS
Apps para aprender gallego Google Traductor

Isto é galego!

Aplicación de Cuac FM en formato audio para que poidas aprender galego a base de escoitalo. Con este curso de galego aprenderás de forma divertida: pon a proba o que sabes de vocabulario xogando a atopar a palabra escondida, aprende modismos co tradutor hiperenxebre “Galegotrón”, identifica falsos amigos, coñece a historia de Galicia e a súa literatura. Rirás un intre con Isto é galego! 🙂
Dispoñible para Android e iOS
Apps para aprender gallego Isto é galego

CRTVG Informativos e Directos

Con esta aplicación podes ver contidos en galego en directo e á carta dos canles Televisión de Galicia (Galicia TVEuropa e Galicia TVAmérica) e ás tres emisións da Radio Galega (Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio). É outra maneira entretida de adestrar o oído.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para aprender gallego CRTVG

Pasouoquepasou

Máis recursos audiovisuais da CRTVG neste arquivo en liña, unha selección do mellor fondo informativo. Sabías que nevou na Coruña no 1987?
Dispoñible para iOS
Apps para aprender gallego Pasouoquepasou

Xabarín TVG

Debuxos animados 100% en galego en streaming para ver no móbil. A app inclúe control parental e é compatible con Chromecast.
Dispoñible para Android e iOS
Apps para aprender gallego Xabarín

Lingua.gal

Web da Secretaría Xeral de Política Lingüística onde podes atopar recursos e formación online dos cursos CELGA.

R en galego

Lembra ademais que podes configurar a túa tele de R en galego e escoller as comunicacións que recibes de R no idioma que prefiras.

Xa ves que choveu moito desde aquel programa didáctico de televisión “Imos aló?” a finais dos 80:


Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.