O pan mariñeiro foi a solución para o abastecemento de pan aos grandes navíos desde o século XV porque un pan sen humidade era a única forma de conservalo nas longas travesías de forma natural. Chegaron a América do Sur en diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos países suramericanos. En Daveiga levan 10 anos producindo estas galletas de pan utilizando unicamente materias primas naturais e de calidade e rexeitando todo tipo de aditivos artificiais.

http://www.daveiga.es

É esta una das dúas iniciativas que desde onte protagonizan a terceira semana de actividade do Mercado da Colleita en Vigo.

A segunda delas son os queixos artesáns de Muar. Artesáns e cortesáns porque as Cortes de Muar son aquelas nas que reinan as súas vacas Marela, Morena, Marquesa e Mimosa, entre outras. Nesas cortes reais múan (brúan) sobre as súas cousas cando se recollen á noitiña tras un tranquilo día de pasto nos frescos e verdes campos... Así presenta esta familia de artesáns queixeiros ás responsables dos seus produtos: as vacas. Das que extrae o leite coa que elaboran os seus queixos ecolóxicos e de produción limitada baixo o nome "Cortes de Muar". Elas son, ademais, as protagonistas do orixinal e divertido packaging dos produtos que ofrece esta queixería moderna que soubo conxugar tradición e modernidade.

Cortes-de-Muar2</p>                </div>
                
                                    <div class= Eventos en Galicia Gastronomía