Estamos no momento do cambio. Unha transformación que se acelerou a pasos de xigante especialmente na contorna dixital. E que abre un mundo de oportunidades profesionais aos novos talentos.

Dende R seguimos incorporándolles todo ese valor aos nosos equipos e estaremos un ano máis no XXI Foro Tecnolóxico de Emprego (Universidade de Vigo) os días 3, 4 e 5 de marzo para atraer todas esas novas promesas que saen das aulas. Úneste a nós?

Diálogo constante entre universidade e empresas

E é que o mundo empresarial e o académico deben ir sempre da man. Por iso, en R establecemos vínculos coas universidades, para descubrir talento.

Buscamos mozos e mozas que nos axuden a liderar esta transformación dixital, con novas ideas e outra forma de ver as cousas. Así que, xa sabes, únete ao noso programa de bolsas CRECE se o que queres é:

  • Colaborar
  • Retos
  • Entusiasmo
  • Creatividade
  • Equipo
XXI Foro Tecnolóxico de Emprego

XXI Foro Tecnolóxico de Emprego online

As circunstancias actuais levaron ao Foro da Universidade de Vigo a celebrar o evento de forma virtual. Poderás acceder ao posto de R dentro da plataforma online os días 3, 4 e 5 de marzo. Só tes que rexistrarte para entrar e alí estaremos para descubrir xuntos se es a peza que estamos a buscar.

Este é o teu momento, esta é a túa oportunidade. Esperámoste!