Se vives en Vilalba, seguramente coñeces a alta torre dos Andrade. Pois ben, alta tamén é a velocidade que consegues na internet grazas á nova rede de fibra óptica que hai dispoñible na capital da Terra Chá.
Goza da mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados grazas á rede de fibra máis avanzada de R.
Consultar cobertura de fibra en VilalbaA fibra óptica máis nobre de Vilalba
Estamos seguros de que hai moitas boas fibras no mercado, pero só a rede máis moderna de R che dá todo o que poidas necesitar: velocidade digna dun conde, seguridade fortificada de rede, chamadas ilimitadas para quedar cos teus amigos, televisión 4K…
Facemos un repaso das vantaxes da nova rede de fibra en Vilalba:
• O cabalo máis rápido para a batalla: entra a internet a lombos da nosa fibra simétrica. Está preparada para ofrecer ata 10Gb no futuro, 4 veces máis que outras fibras. Hoxe xa temos clientes gozando de conexións de fibra na súa casa con 1Gb simétrico.
• As almenaras arden: se colliches a referencia, entendes do que falamos. A cobertura wifi a través da tecnoloxía wifi 6 de 16 antenas pode darche perfecto internet de alta velocidade dende a túa torre da homenaxe ata o teu patio de armas.
• Unha muralla inexpugnable: non podía ser doutro xeito. A fibra de R ofréceche protocolos pioneiros en seguridade para que poidas desfacerte dos fosos e dos crocodilos.
• Os mellores reflexos de batalla: Se a túa ambición é conquistar máis que fortificarte, podes facelo grazas a que a fibra óptica de R está conectada aos mellores servidores gaming para evitar retardos e mellorar o teu tempo de reacción. Seguro que xa o sabes, pero o ping en tempos dos Andrade era elevadísimo; non deixes que che pase.
Se non queres guiar ao teu cabalo á batalla, podes ver dende o teu trono as mellores series e películas baixo demanda grazas ao deco Android 4K, unha obra de bruxería que converte calquera televisor nunha Smart TV de última xeración.
Xigas ilimitados: engade un "palantir" ao teu castelo
Se na Terra Media puidesen contratar as nosas tarifas de móbil con xigas ilimitados 5G, seguramente fose moito menos perigoso.
Xa verás as vantaxes de engadir xigas ilimitados 5G á túa mellor oferta de fibra porque, ademais, terás a túa factura ao mellor prezo.
Ver ofertas de fibra + móbil en VilalbaCambia ou contrata fibra e móbil en Vilalba
Para gozar dos mellores servizos que R che ofrece só tes que chamarnos. Sen máis. Levantas o teu teléfono, disnos lugar e hora e alí estaremos para instalarche os equipos de forma completamente gratuíta. Tamén podes solicitalo a través da web de fibra max.
Se xa es cliente de R será aínda máis fácil: non tes nin que molestarte en chamar, porque en canto teñamos cuberta a túa zona chamarémoste nós para renovarche o router e que sigas tendo o mellor servizo sen ningunha preocupación. Así de fácil e rápido, como a nosa fibra.
Cobertura de fibra óptica en Vilalba
En Vilalba contamos coa rede de fibra óptica máis avanzada de Galicia para ofrecerche os mellores servizos de alta velocidade con conexión simétrica. Ademais, tamén tes televisión 4K, que nunca está mal.
Doutra banda, en Vilalba temos fibra ata o fogar (FTTH) despregada nunhas 5.000 vivendas e negocios, que serán aínda máis en canto finalicemos as tarefas de mellora.
Poden contratar o servizo de fibra tanto clientes particulares como negocios e empresas de Vilalba, que xa teñen ao seu alcance conexión simétrica e a mellor wifi.
Vilalba, personalidade e carácter nun pobo milenario
A historia de Vilalba bota raíces tan profundas como a súa tan representativa "pravia". Esta árbore viu nacer a cidade, dende a Torre dos Andrade, hoxe convertido en Parador Nacional, ata o pazo de Penas-Corbeiras e a igrexa de Santa María, todos eles monumentos que ben merecen unha visita.
E que dicir da natureza viva que rodea a vila, repleta de bosques e ríos e contornas tan fantásticas como Os Pasos, onde se cruzan os ríos Trimaz e Madalena.
Ademais, durante décadas Vilalba foi o referente galego do xornalismo e fogar de múltiples iconas da nosa cultura. Alí naceron os xornais Ideal villalbés, da man de Antonio García Hermida, Galicia pintoresca e El ratón, entre moitos outros. Agora, tamén é fogar da rede de fibra máis punteira do mercado.
Imaxe de: Concello de Vilalba.