Os/as veciños/as de Ordes xa contan con máis cobertura e velocidade de internet e poden ver os contidos das súas plataformas favoritas en altísima calidade. Vaia, que fibra MAX de R chegou á localidade.

Trátase da rede de fibra óptica con maior capacidade agora mesmo en Galicia. Fibra ata a túa casa ou vivenda de Ordes para que teñas velocidade simétrica e o mellor servizo de telecomunicacións.

Consultar cobertura de fibra en Ordes

Como é a oferta de fibra de R en Ordes

A nosa nova rede de fibra eleva a túa casa á máxima potencia porque nos aplicamos a fondo para darche a mellor conexión. Navegarás, traballarás ou xogarás a pleno rendemento. Queres saber máis?

Estas son as vantaxes de fibra MAX de R:

  • Velocidade e cobertura. Seguirás navegando con todas as prestacións, aínda que te afastes do router, grazas a wifi 6 universal.

  • Fibra con capacidade para alcanzar os 10Gb de velocidade de internet. Ata 4 veces máis rápida que outras fibras e, ademais, simétricos (coa mesma velocidade de subida e de baixada). Os nosos clientes de Ordes xa están a gozar de conexións de 1 Gb pero, como indicamos, no futuro a nosa rede estará preparada para ofrecer aínda máis velocidade.

  • Seguridade. O protocolo sen fíos WPA3 é o máis seguro do mercado e a unión perfecta entre velocidade e seguridade.

  • Sen retardos. Conectámonos aos mellores servidores de gaming e a plataformas como twitch para que te despidas dos problemas de latencia ou ping.

  • Deco Android 4K incluído. Converte a túa pantalla nunha Smart TV e accede ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K. Ou bota unha ollada aos contidos de rebobina. Tamén poderás descargar aplicacións grazas a que o noso decodificador conta con sistema operativo Android.

  • Tarifas de móbil de R en Ordes

    Completa a túa oferta de fibra coa mellor oferta de móbil.

    Temos unha tarifa de datos ilimitados de R que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais. E cobertura 5G automaticamente alí onde teñamos completada a despregadura desta tecnoloxía. Lembra comprobar que o teu móbil é compatible.

    Fibra e móbil: unha maneira rápida e cómoda de unificar facturas e aforrar un pouquiño.

    Ver ofertas de fibra + móbil en Ordes

    Contrata ou únete a fibra MAX de R en Ordes

    Se xa es cliente/a de R en Ordes chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para quedar contigo e instalarche os novos equipos no teu domicilio. Sen ningún custo adicional para ti.

    Non es cliente/a? Consulta toda a información sobre a oferta de fibra de R na nosa web. Ou chámanos e axudarémoste a resolver dúbidas.

    Cobertura de fibra en Ordes

    Máis de 4.000 empresas e particulares de Ordes xa están a gozar das vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    E continuamos cos nosos traballos de mellora para consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar aínda a máis veciños/as.

    A nosa idea é dotar a Ordes da mellor infraestrutura de telecomunicacións do mercado, para que tanto se teletraballas, coma se tes unha empresa ou es autónomo, ou queres gozar dunha conexión da internet para o teu tempo libre, teñas a mellor fibra posible. Iso, sen esquecer a nosa atención ao cliente: estamos preto de ti para o que necesites.

    Ordes, historia e vangarda

    Ordes atópase no interior da provincia da Coruña, a medio camiño entre a cidade herculina e Santiago de Compostela.

    A localidade conta cun interesante patrimonio histórico, con casas reitorais como a vella Casa do Concello; pazos como o de Bidueiro; hórreos, igrexas e muíños. Especialmente interesante é a antiga estación ferroviaria de "A Pontraga", construída en 1943 e cuxo edificio principal é obra do arquitecto Ramón Cortázar de Urruzola.

    Nos últimos anos, Ordes acolle un recoñecido festival de arte na rúa, "DesOrdes Creativas", que converte múltiples espazos da localidade nun gran mural vangardista.

    Ríos, encoros e Camiño Inglés

    En pleno centro de Ordes, atópase o paseo fluvial Ramiro Recouso, o gran pulmón verde da localidade.

    Da súa contorna natural sobresaen os encoros de San Cosmade e Vilagudín.

    Para os amantes das rutas, un par de propostas: Ruta do Río Mercurín e Ruta de San Paio. Ademais, por esta localidade pasa o Camiño Inglés, a segunda opción máis transitada polos peregrinos que van a Santiago de Compostela.

    Esta localidade do interior de Galicia recibe agora a fibra máis rápida e moderna do mercado, a de R, para seguir avanzando na súa modernización e encarar o futuro coa mellor tecnoloxía.

    Imaxe: Turismo de Ordes.