A "Terra de Melide" chegou a rede de fibra máis moderna do mercado, coa que os/as melidenses terán máis velocidade, cobertura e seguridade, contidos en 4K e tarifas de móbil con tecnoloxía 5G.
Se vives en Melide, descubre as vantaxes de fibra MAX.
Como é a oferta de fibra de R en Melide?
Contámosche polo miúdo que inclúe fibra MAX:
• Ata 10 Gbps de velocidade de internet: de momento, os nosos/as usuarios/as particulares xa dispoñen 1 Gb simétrico, coa mesma velocidade de subida e de baixada. Pero a nosa rede está preparada para multiplicar por 4 a velocidade doutras fibras.
• Wifi rápida e segura: o sistema wifi 6 universal selecciona de maneira intelixente a banda con mellor calidade en cada momento, de tal xeito que navegas sempre coas mesmas prestacións que se estás á beira do router. E o protocolo sen fíos WPA3 é o máis seguro do mercado.
• Sen retardos nin latencias: conectámonos aos mellores servidores e plataformas de gaming para minimizar problemas de retardos, latencias ou ping.
• Decodificador con calidade 4K: a nosa oferta de fibra inclúe un deco Android 4K que che permite converter a pantalla nunha Smart TV. Unha fantástica maneira de gozar en calidade 4K dos teus contidos favoritos de plataformas como DAZN ou Disney+. Ah, e tamén podes descargar aplicacións e acceder a rebobina.
E que podo contratar para o meu móbil en Melide?
O mellor complemento para a fibra son as nosas tarifas de móbil. Ao reunir nunha mesma factura os consumos de fibra e móbil, aforrarás tempo e diñeiro e gañarás en comodidade.
Temos unha tarifa con datos ilimitados e chamadas sen límite a fixos e a móbiles nacionais. Se non necesitas tantos datos, podes elixir tarifas con 10 Gb ou con 30 Gb. Con todas elas terás cobertura móbil 5G, sempre que o teu teléfono sexa compatible, alí onde xa teñamos completada a despregadura desta tecnoloxía.
Como cambio ou contrato fibra MAX en Melide?
Poñémoscho moi fácil, tanto se xa es cliente/a de R coma se aínda o estás pensando.
Nós chamamos os/as xa clientes/as para concertar cita en canto a rede fibra MAX de R está dispoñible na súa zona. Sen ningún custo adicional, achegámonos ao domicilio e instalamos os novos equipos.
Se aínda non es cliente/a, podes chamarnos ou consultar a información sobre fibra MAX na nosa web.
Cobertura de fibra en Melide
Estamos a levar a nosa rede de fibra por toda Galicia para consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar cada vez a máis veciños/as.
En Melide xa hai unhas 3.200 empresas e particulares que gozan das vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R.
Melide, en pleno Camiño de Santiago
Melide é un concello coruñés situado no corazón de Galicia.
A localidade é paso habitual de peregrinos/as que se dirixen a Santiago, xa que aquí se fusionan o Camiño Primitivo e o Camiño Francés.
Precisamente en pleno Camiño de Santiago atopamos o miradoiro do Castelo. Dende o alto dun castro prerrománico con numerosos restos arqueolóxicos e lugar onde se construíu na Idade Media o hoxe desaparecido castelo de Melide, pódese observar unha fantástica panorámica da localidade.
O cruceiro máis antigo de Galicia
Un das iconas máis populares de Melide é a “Fuente de los Cuatro Caños”, con catro cabezas leonadas rematadas en canos.
Ademais, Melide conta cun amplo patrimonio histórico-artístico, encabezado pola Capela de San Roque e a súa portada principal, unha das máis fermosas mostras da arte medieval galega. Á beira atópase o cruceiro de Melide, probablemente o máis antigo de Galicia, do século XIV.
No corazón histórico de Melide está situada a Praza do Convento, que reúne varios edificios monumentais: a igrexa de Sancti Spiritus, a Obra Pía de San Antonio e o Museo da Terra de Melide, construído sobre un antigo hospital de peregrinos do século XV. E non podemos esquecernos dun espazo natural de especial beleza: a área recreativa do río Furelos.
En Melide, a historia e o patrimonio cativan a peregrinos/as e visitantes. Agora, da man de R dispoñen dunha innovadora e potente rede de fibra que lles dá un empuxón definitivo cara á modernización e a innovación.