Á expresión “para murallas, a china e a de Lugo”, que se escoitaba nunha campaña turística hai uns anos, agora pódeselle sumar un “para fibra, a de All Bran e a de Lugo” dende que a rede de fibra óptica máis avanzada do mercado entrou na cidade.

Se vives en Lugo, xa podes beneficiarte da mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados grazas a R.

Consultar cobertura de fibra en Lugo

Unha fibra óptica para derrubar murallas

A rede máis moderna a nivel tecnolóxico de R chegou á cidade para que te conectes ao mundo como nunca antes: navega por Internet á máxima velocidade e goza de datos móbiles con chamadas ilimitadas, así coma da televisión 4K. Si, liches ben: velocidade máxima de fibra en Lugo, só con R.

  • Navega coma un emperador: a rede de R alcanza os 10 xigas simétricos (mesma velocidade de carga e de descarga), unha velocidade de rede catro veces superior á doutras fibras.
  • Wifi ata o último recuncho do teu pazo: o wifi 6 da nosa oferta ofrece ata 4 veces máis cobertura e velocidade. Incluso no cuarto máis afastado da túa casa podes conectar tantos dispositivos como queiras. Como se abrazases o router.
  • A experiencia de xogo máis rápida e sen lag espérache coa tecnoloxía R, conectada directamente aos mellores servidores de gaming.

E se te cansas de baixar á area e só queres esperar dende o teu triclinio, non te preocupes: a oferta de R é a máis completa de todo Lugo, incluíndo deco Android 4K para que poidas ver as mellores series e películas en altísima resolución 4K e coa mellor conexión a Internet.

 

Engade xigas ilimitados á túa oferta de fibra en Lugo

Contrata a túa tarifa de móbil con R para gozar de 5G en calquera lugar e xigas ilimitados. Todo isto, nunha mesma factura e ao mellor prezo.

Ver ofertas de fibra + móbil en Lugo

Cámbiate ou contrata fibra e móbil en Lugo

Xa es de R? Entón non tes de que preocuparte: non tardaremos moito en chamarte para concertar unha cita e instalarche os novos equipos para que poidas gozar da nosa nova rede de fibra.

Se non es de R... A que esperas para acceder á rede de fibra máis rápida de toda Galicia? Só tes que chamarnos e instalarémoscha tan rápido que parecerá cousa de meigas. Ou tamén podes contratar este servizo na web de Fibra MAX.

Cobertura de fibra en Lugo

En Lugo podes atopar unha rede de fibra óptica que che dará os mellores servizos de internet de alta velocidade. Ademais, a televisión con canles 4K estate esperando a unha chamada de distancia.

Esta oferta está dispoñible para máis de 50.000 fogares e empresas que por fin puideron acceder á nosa fibra ata o fogar (FITH). Ademais, seguimos ampliando a cobertura de fibra para chegar a máis lucenses.

Conexión simétrica en Lugo

A nosa conexión de fibra óptica é simétrica. É dicir, ofrecémosche a mesma velocidade de carga que de descarga.

Se necesitas unha tarifa de fibra óptica en Lugo para o teu traballo, porque envías moitos arquivos, a simetría vaiche vir ben. Porque podes enviar os teus documentos moito máis rápido. O mesmo se subes un vídeo a YouTube ou algún material a unha carpeta na nube.

Lembra que ofrecemos Internet simétrica en Lugo. Agora mesmo estamos ofrecendo ofertas de fibra con 1 xiga de velocidade pero a nosa nova rede permitirá ata 10 xigas.

Lugo, hai algo que non tes?

Se estiveches, sabes do que falo.

Perdida no medio dos outeiros dun bosque máxico -de aí o seu nome- e bordeada polas ribeiras do Miño, Lugo foi a primeira cidade romana fundada en Galicia. Así se evidencia no seu patrimonio: museos, mosaicos, domus e infinidade de restos arqueolóxicos enmarcados por ese detalle "insignificante" que o rodea: a última muralla romana en pé.

Pero Lugo é moito máis: música, galerías de arte e museos de todo tipo. É gastronomía, sobre todas as cousas, e por riba de todo, xente incrible.

É vivir un xeito único de Galicia, tan particular, único e perfecto como a nosa rede de fibra de alta velocidade. Non perdas ningún dos dous.