Un total de 565 novas residencias particulares e empresas dos núcleos de Fonte de Ons, Areas, Tombelo, Lagarei e Freixo, no municipio pontevedrés de Sanxenxo, veñen de conectarse ás redes avanzadas de R, co que xa poden dispoñer de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos (suba e baixada) e desfrutar de todos os servizos avanzados de telecomunicacións do operador galego.

500 megas

R rematou arestora en Sanxenxo parte das tarefas de despregadura da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos lugares. Deste xeito, 234 novos fogares e negocios do núcleo de Fonte de Ons, 91 de Tombelo, 79 de Lagarei, 116 de Freixo e 45 de Areas quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, cantidades que se suman aos máis de 312 inmobles que xa estaban conectados ás redes avanzadas do operador galego no mesmo contexto dos plans do Ministerio. Cando, tras o exercicio de 2021 se complete a despregadura de rede neste municipio da bisbarra do Salnés, Sanxenxo contará cunhas 3.500 residencias e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego só no marco do Plan Avanza.

A maiores, R leva anos investindo pola súa conta na despregadura de infraestruturas en Sanxenxo, onde xa dispoñen de cobertura outros 7.183 fogares e empresas do municipio. Deste xeito, preto de 10.700 (7.183 + 3.500) será a cifra total de inmobles de Sanxenxo preparados para recibir os servizos avanzados de R a peche de 2021.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

Nos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, a despregadura en Sanxenxo encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os desenvovlementos de rede nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

65.000 fogares e negocios conectados a peche de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía y Empresa. A estes traballos hai que lles unir as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios ás redes de nova xeración de R, cuxos servizos están arestora en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, a día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade como Tomiño, O Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Muxía, Moraña, Guitiriz, Abegondo, Ribadumia, Combarro e Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a Internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Turismo de Sanxenxo.