Os/as clientes/as de R dos núcleos de Gondomar conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, con posibles accesos de ata 10 xigas simétricos, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.
R está a despregar a tecnoloxía 5G e modernizando a súa rede de fibra nas catro provincias de Galicia dende a pasada primavera.
Despregadura de rede
R terminou recentemente outro tramo das tarefas de despregadura da súa rede de fibra en Gondomar, aproveitando ao máximo as infraestruturas do núcleo do Portelo. Deste xeito, preto de 90 novos inmobles únense aos xa incorporados á rede.
Cando terminen as despregaduras enmarcadas no vixente Plan Avanza, arredor de 2.000 fogares e negocios uníronse xa a esa modernísima rede de fibra de R en case 70 núcleos do municipio de Gondomar, entre os que figuran Os Amados, O Barreiro, Piñeiro, Carasquedo de Abaixo, A Rochela, As Vendas, Vilarés, A Igrexa, Fontenla ou Areíña, por mencionar só algúns deles.
Ademais do Plan Avanza, o operador galego leva tempo investindo no despregamento de rede propia en Gondomar a través doutras accións. Así, nestes momentos dispoñen da cobertura de R un total de máis de 1.700 fogares e empresas do municipio.
Máis rede de fibra óptica FTTH para o suroeste de Galicia
Entre viñedos de Val Miñor atópase o concello de Gondomar, que agora suma máis vivendas e empresas conectadas ás redes de nova xeración de R.
En Gondomar está o Monte do Galiñeiro, un dos cumes máis altos das Rías Baixas, e no que se atopandólmenes, a necrópole de Chan de Prado, os Petróglifos de Regodauga e o Castro de Pedra Moura. Un rico patrimonio ao que engadir a Fortaleza de Gondomar, de orixe medieval.
Entre as súas paraxes naturais destacan a Praia Fluvial de Lomba e a Praia de Ladeira, o istmo arenoso xurdido no estuario de Foz do Miñor.
Dende agora, Gondomar dispón de máis conexións á rede de fibra óptica FTTH que R está a despregar en Galicia.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Gondomar enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
A rede máis rápida do mercado para os/os clientes/as de R
Os/as clientes/as de R dos núcleos de Gondomar conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos conectados.
A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de subida e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming… etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga ca a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de suba.
Cambio de equipos gratuíto e 5G
A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R son avisados/as e informados/as dos pasos deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.
Cando en 2022 se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que R desprega dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
Imaxe de Concello de Gondomar: vila de Gondomar.