Un total de 137 novos inmobles do núcleo de Cruceiro, no concello pontevedrés de Baiona, xa poden dispoñer de accesos a internet de ata 500 megas simétricos e do resto de servizos avanzados de R.

Despregamento de rede

R vén de rematar arestora outro treito dos traballos de despregadura de rede neste concello meridional da Ría de Vigo, aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais do novo núcleo incorporado. Coa recente conexión destes 137 novos inmobles a cifra de residencias particulares e empresas conectadas á rede de R achégase na actualidade a 4.374, tendo en conta todas as que o operador galego foi incorporando á súa infraestrutura dende hai máis de dúas décadas á marxe do Plan Avanza.

No contexto do devandito plan do Ministerio a previsión fala de 569 inmobles conectados en Baiona nos vindeiros meses nos núcleos de Cruceiro, Ladeira, O Burgo, Río, Bouzos, Morade, Ribeira, Devesa e Sopegal, co que Baiona contaría con 4.543 fogares e negocios preparados para recibir todos os servizos avanzados de telecomunicacións de R (569 do Avanza + resto doutras depregaduras do operador galego).

Baiona engánchate e conéctase

Turística e mariñeira, Baiona está protexida do mar aberto por unha preciosa baía. Aquí chegou en 1492 a carabela Pinta para comunicar o Descubrimento de América. E cada ano conmemórase na Festa da Arribada, declarada de Interese Turístico Internacional.

Destaca a súa zona antiga, recoñecida como Conxunto Histórico Artístico; a fortaleza de Monterreal, construída no século XIV; ou a Virxe da Roca, que coroa o monte de San Roque e ofrece unha vista panorámica ao Atlántico.

E hoxe Baiona tamén pode presumir de conectividade de ata 500 megas de R.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata ese momento (“zonas brancas”).

Nos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, a despregadura no devandito núcleo de Cruceiro, en Baiona, encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra), traballos que nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.

Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, o investimento é de 2,6M€.

O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo) cun investimento total de 3,58M€.

Máis de 60.000 fogares e negocios conectados

Preto de 30.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando terminen as actuacións adxudicadas en 2018. A estes traballos hai que lles sumar as tarefas de extensión de redes avanzadas que desenvolveu R dende 2016 en virtude do outro concurso do Plan PEBA do Ministerio para lles achegar tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización.

Deste xeito, cando finalicen os dous plans, máis de 60.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos municipios do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa y Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden gozar agora de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello de Baiona: Praia Barbeira.