Os núcleos de Cancelada, Cerneda e A Igrexa veñen de incorporarse á renovada rede de fibra óptica de última xeración de R no municipio coruñés de Abegondo.

Con esta nova despregadura, os habitantes da zona poden gozar xa dos servizos de telecomunicacións máis innovadores do mercado, con posibles accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.

Despregadura de rede

R rematou arestora outro treito das tarefas de despregadura da súa rede de fibra en Abegondo, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos devanditos núcleos, onde se conectaron 90 novos fogares e negocios (Cancelada, 20; Cerneda, 62 e a Igrexa, 8).

Estes traballos únense aos desenvolvidas con anterioridade para incorporar inmobles tamén noutros núcleos como Penedo e San Marcos, igualmente no eido do Plan Avanza, co que a peche de xaneiro acadouse a cifra de 293 residencias e empresas conectadas..

Cando se complete a despregadura de rede neste concello da contorna coruñesa, Abegondo contará, só en virtude do programa do Ministerio, cunhas 1270 residencias e empresas conectadas ás redes de nova xeración do operador galego, e preparadas para recibir os servizos de telecomunicacións máis innovadores.

Entre eses outros núcleos aos que R vai chegar en Abegondo figuran Monte, Trasiglesia, Beldoña, Vilar, Atrio, Picota, Quintas, Cobelo, Macenda, Pazo, Ferrería, Lamansián, Marces, Raíña, Souto do Val, Torreiro, Presedo, Orto de arriba ou Villamarín.

A provincia da Coruña segue sumando fibra

Abegondo é unha terra entre ríos -Mero, Barcés e Gobia- situada na comarca natural de 'As Mariñas dos Frades'.

Casas solariegas, pazos, castros e cruceiros conflúen no seu extenso patrimonio.

O concello de Abegondo acolle construcións como as Torres de San Tirso de Mabegondo ou a Casa de Felipe II, na que este monarca descansou cando embarcou dende a Coruña cara a Inglaterra para contraer matrimonio con María Tudor.

Mención especial merece o Cruceiro bonito, peza única en Galicia, de estilo bretón e cuxa construción data do ano 1787.

Para os amantes do medio natural, o encoro de Cecebre é un lugar único no que cohabitan multitude de especies autóctonas de flora e fauna.

Agora, Abegondo tamén destaca pola súa infraestrutura de fibra óptica grazas á nova rede que R está a modernizar nas catro provincias de Galicia dende a primavera de 2021.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Abegondo enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

A rede máis rápida do mercado para os/as clientes/as de R

Os/as clientes/as de R dos núcleos de Abegondo conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.

A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming… etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de suba.

Cambio de equipos gratuíto e 5G

A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R son avisados/as e informados/as dos pasos que deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.

Cando este año se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.

Con esta infraestrutura de última xeración que R desprega dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

Imaxe de Concello de Abegondo: encoro de Cecebre.