Os habitantes dos núcleos de Penedo e Cancelada, no municipio coruñés de Abegondo, dispoñen xa de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar tamén doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
500 megas
O operador galego vén de rematar en Abegondo unha parte das tarefas de despregadura, aproveitando ao máximo as infraestruturas deste concello da provincia da Coruña. E así, 127 novos fogares e negocios (73 do núcleo de Penedo e 54 de Cancelada) quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. A este cantidade haille que engadir, por unha banda, as 124 vivendas e empresas do núcleo de San Marcos que xa estaban conectadas ás redes de R dende hai dous anos en virtude do Plan Avanza anterior (PEBA 2016, tamén adxudicado a R); e, pola outra, a cantidade de 1.074 inmobles máis que se prevé incorporar ao longo de 2021 á infraestrutura do operador galego, co que Abegondo pode comezar 2022, no contexto dos plans do Ministerio, cunhas 1.325 residencias e empresas conectadas ás súas redes avanzadas.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Esta e outras despregaduras na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ están sendo subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, a despregadura en Abegondo encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). As despregaduras nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.
65.000 fogares e negocios conectados a peche de 2021
Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital. A estes traballos hai que lles unir as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están en fase de comercialización, ás redes de nova xeración de R. Deste xeito, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a Muxía e tamén a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos municipios de Tomiño, O Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Abegondo, Ribadumia, Combarro e Ponte Caldelas.
Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.
Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxe de Concello de Abegondo.