Se vives na Rúa, estás afeito/á ás paisaxes espectaculares e aos bos viños. E agora tamén podes incorporar no teu día a día a mellor rede de fibra do mercado, coa que navegar a pleno rendemento con maior cobertura e seguridade ou gozar das túas series e pelis favoritas en calidade 4K. Porque fibra MAX xa está dispoñible no concello da Rúa.
Contámosche máis sobre o servizo de internet e a fibra na Rúa, para que saibas que servizos tes dispoñibles.
Consultar cobertura de fibra na RúaA mellor oferta de fibra na Rúa
Aplicámonos a fondo para que teñas a mellor fibra en A Rúa. Coñeces as vantaxes de fibra MAX de R?
Contrata o teu móbil con R na Rúa
Só podo contratar fibra en R? Somos moi de fibra, pero tamén pensamos no teu móbil. Para el temos unha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais. E se non necesitas tantos datos, tamén che ofrecemos tarifas con 10 ou con 30 GB. Ti elixes.
E coa tecnoloxía 5G, para que navegues aínda máis rápido. Alí onde xa teñamos completado o seu despregamento, poderás acceder automaticamente co teu móbil. Só necesitas ter un modelo compatible.
Aforra un pouquiño e unifica as túas facturas contratando fibra e móbil con R.
Tarifas RContrata ou cambia a fibra MAX de R na Rúa
Xa es cliente/a? Chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para instalarche os novos equipos no teu domicilio. Así de fácil e sen ningún custo adicional para ti.
Aínda non es cliente/a? Consulta toda a información sobre fibra MAX na nosa web e chámanos se tes dúbidas.
Cobertura de fibra na Rúa
Case 2.500 empresas e particulares da Rúa xa aproveitan as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).
Pero queremos chegar aínda a máis veciños/as, así que continuamos cos nosos traballos de mellora ata consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade.
A Rúa, historia e viño
Situado en plena zona Denominación de Orixe Valdeorras, o municipio ourensán da Rúa é terra de viños godellos e mencías.
A localidade conta cunha longa e milenaria historia, testemuña da cal se atoparon petróglifos da Idade de Bronce, sepulcros prehistóricos como as "mámoas" de Cereixido, castros e mosaicos romanos.
Representativo de A Rúa é a ponte da Cigarrosa, de orixe romana e pola que atravesaba a chamada Vía Nova, que unía Brácara e Astúrica.
A Rúa pode presumir tamén de paisaxe e riqueza natural. Non perdas as vistas dende o Miradoiro de Barranco Rubio, situado a 800 metros de altitude nunha ladeira sobre o val do Sil.
Paraíso natural
Ademais, o encoro de San Martiño, creado nos anos 50, é un auténtico paraíso ornitolóxico no que se atopan ata 600 especies de aves e un punto de referencia para os amantes dos deportes acuáticos.
E non podemos esquecernos do Aguillón, o espazo natural no que rueses e ruesas pasean ou practican deporte ao carón do río Sil.
E agora, a esta localidade vinícola chega fibra MAX de R, unha boa aliada para compartir co mundo, grazas á tecnoloxía, as bondades dos seus caldos, as súas paisaxes e o seu patrimonio.
Imaxe ponte romana: Concello de A Rúa.