A Estrada, histórico cruzamento de camiños do interior de Galicia, está agora máis conectada que nunca. Da man de R, os/as estradenses contan coa rede de fibra máis avanzada do mercado.
Se es da Estrada e queres fibra óptica, isto interésache porque na túa localidade contas coa mellor rede e a mellor oferta.
Consultar cobertura de fibra na EstradaVantaxes que ofrece a fibra óptica na Estrada
Queres coñecer as principais vantaxes da nosa rede de fibra? Toma nota:
• Máis cobertura e velocidade con wifi 6. Como? Seleccionando de maneira intelixente a banda con mellor calidade en cada momento. E, ademais, da forma máis segura grazas ao protocolo sen fíos WPA3.
• Ata 10 xigas simétricos. É dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e máis rápida, con potencial para alcanzar os 10 Gb. De momento, os nosos clientes particulares xa dispoñen de 1Gb e, no futuro, serán máis.
• Sabes por que é a rede favorita dos/as "gamers"? Porque conta cun retardo mínimo ao ter conexión directa cos principais servidores de gaming.
• Con deco 4K incluído. Deco con control do directo, acceso a programas a series xa emitidos para ver cando queiras e sistema operativo Android para descargar as túas aplicacións favoritas e para que convertas a túa pantalla nunha Smart TV coa que gozar en altísima calidade dos mellores contidos de plataformas como Netflix ou Prime Video.
Cobertura móbil 5G na Estrada
Porque en R non só che damos a mellor fibra. Tamén podes sumarlle tarifa de móbil con xigas ilimitados. Ademais, se o teu móbil é compatible poderás gozar das vantaxes da tecnoloxía 5G alí onde estea xa operativa.
Con fibra e móbil aforrarás diñeiro e reunirás o teu consumo e os teus gastos nunha mesma factura.
Ver ofertas de fibra + móbil na EstradaPasáte a R ou contrata fibra na Estrada
Se aínda non es cliente/a, chámanos ou consulta a nosa web para coñecer todos os detalles da oferta.
Se xa es cliente/a, aínda máis fácil: poñerémonos nós en contacto contigo cando fibra MAX estea dispoñible na túa zona. Concertamos cita e achegámonos ao teu domicilio para instalarche o router da túa fibra nova.
Cobertura de fibra óptica en A Estrada
Máis de 5.000 vivendas e empresas de A Estrada xa gozan da máis moderna rede de fibra óptica do mercado.
E seguimos traballando para que cada vez máis veciños/as poidan gozar das vantaxes da nosa rede que leva directamente a fibra ata o fogar (FTTH).
A Estrada, patrimonio natural e histórico artístico no interior de Galicia
A Estrada está situada no norte da provincia de Pontevedra. Xunto cos seus veciños Forcarei e Cerdedo, conforma a Comarca de Tabeirós-Terra de Montes.
É unha zona agrogandeira con gran dinamismo comercial e económico e que destaca tamén polo seu rico patrimonio natural e histórico.
En canto á natureza, o río Umia cruza o sur do municipio, por Terra de Montes, mentres que o resto do municipio está na conca do Ulla. Ao carón dun e doutro atopamos fervenzas, pozas, muíños, praias fluviais, entre as que destacan as do río Liñares, o Areal ou a de Bao, e enclaves tan especiais como a Lagoa Sacra de Olives.
Nas augas do río xorde tamén outra das actividades polas que é recoñecida A Estrada: a pesca. Cada ano, afeccionados de todo o mundo danse cita no Concurso Internacional de Pesca do Salmón e na Festa do Salmón.
Festas de interese en A Estrada
E falando de festas, non podemos esquecernos de Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, e cuxa historia se remonta cinco séculos atrás.
Do seu patrimonio artístico, mención especial merecen a Torre de Guimarei, o Pazo da Mota e especialmente o Pazo de Oca, coñecido como o "Versalles galego", que data do século XIII e está composto por igrexa-capela, pazo e amplos xardíns.
Entre montañas, ríos e tradición, A Estrada encara agora o futuro apoiada na rede de fibra máis moderna e rápida do mercado, a de R.
Imaxe: Turismo de A Estrada.