Marín pode presumir de contar con praias e paisaxes privilexiados que esconden grandes achados arqueolóxicos.

E agora esta localidade pontevedresa das Rías Baixas pode compartir aínda mellor os seus tesouros co mundo grazas á rede de fibra óptica máis avanzada do mercado.

Consultar cobertura de fibra en Marín

A oferta de fibra máis completa en Marín

En R ofrecémosche ata catro veces máis velocidade, un protocolo seguro, chamadas ilimitadas, tele en calidade 4K... Contámosche con máis detalle:

Ata 10 Gb simétricos de velocidade. Navega máis rápido coa nova rede de R. Ofréceche a mesma velocidade de baixada e subida e está preparada para o futuro. É dicir, que na actualidade os clientes particulares xa dispoñen de 1 Gb, pero o noso internet está preparado para alcanzar os 10 Gb.

Wifi 6 universal e sistema de máxima seguridade. As 16 antenas do sistema wifi 6 fan posible dispoñer de ata 4 veces máis cobertura de rede de alta velocidade. Así poderás usar internet dende calquera recuncho, por afastado que se atope do router.

• Sen lag. Grazas á nosa conexión aos mellores servidores, despídeste do lag e dos retardos e consegues a mellor experiencia gaming.

Con deco Android 4K. Converte calquera tele nunha flamante Smart TV con conexión a internet e devora en altísima definición as series e pelis de plataformas como Prime Video ou Netflix.

Engade xigas ilimitados á túa liña móbil

Se contratas tamén a túa tarifa de móbil con R terás, ademais, xigas ilimitados e contarás coas vantaxes da tecnoloxía 5G. Porque en R incorporamos infraestrutura móbil para que goces da mellor cobertura, tanto en Marín como no resto de Galicia e de España.

Todo na mesma factura, aforrando papel e diñeiro a final de mes.

Ver ofertas de fibra + móbil en Marín

Contrata xa fibra e móbil en Marín

Sexas novo/a cliente/a ou leves toda a vida connosco/as, unirte á familia fibra MAX é moi sinxelo.

Se aínda non es cliente/a, só necesitas facernos unha chamadiña ou entrar na nosa web. Verás o rápido que estamos na túa casa instalándoche todo o necesario para que goces da mellor conexión de fibra.

Se xa es cliente/a, chamarémoste nós a medida que fibra MAX estea dispoñible na túa zona.

Cobertura de fibra óptica en Marín

Se vives en Marín, quizais xa teñas contratada a oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R. Porque xa son máis de 5.000 as vivendas e negocios que poden aproveitar o noso sistema FTTH (fibra ata o fogar).

Aínda non hai na túa zona? Non te preocupes. A nosa idea é seguir ampliando a cobertura de fibra para que o maior número posible de veciños e veciñas de Marín conten coa mellor rede de internet.

Marín, terra de mar e enigmas antigos

Situada en plenas Rías Baixas, Marín é unha localidade mariñeira na que destacan as súas praias resgardadas e rodeadas da "verde" paisaxe galega. Como as de O Santo, Loira, Aguete ou Mogor.

Xa no seu centro urbano, Marín conta cun casco antigo de orixe medieval. Chama a atención a Praza do Reloxo, na que se observan casas tradicionais de pescadores, edificios señoriais como a Casa das Irmás Fontenla e mesmo vivendas de antigos corsarios.

Outros puntos de interese son a Praza de Abastos e o Templo Vello, unha igrexa de estilo barroco do século XII.

Marín destaca tamén polo seu amplo e antiquísimo patrimonio arqueolóxico, como o do Castro da Subidá, o menhir de Currás, a mámoa da Pastoriza ou os petróglifos de Mogor, onde se atopa a popular "Pedra do Labirinto", un dos maiores e máis populares enigmas da arte rupestre.

Se che apetece gozar da natureza, achégate á ribeira do río Loira, con infinidade de muíños e un espectacular bosque de ribeira, ou ao Lago das Castiñeiras, un miradoiro e parque natural dende o que contemplar as tres Rías Baixas máis meridionais: Arousa, Pontevedra e Vigo.

E non te esquezas de compartilo aproveitando a mellor fibra óptica do mercado, cortesía de R, que xa chegou a Marín.

Imaxe de: Concello de Marín.