Dende hai uns anos Vigo é coñecida como a cidade das luces de Nadal, pero máis aló dese grande evento social, a cidade olívica vive a súa festa máis simbólica coa Reconquista de Vigo. A Festa da Reconquista de Vigo 2026 celébrase do 21 ao 39 de marzo e os días grandes serán o 27, 28 e 29 de marzo. Contámosche todo sobre a Reconquista de Vigo 2026 para que saibas o programa, o horario…

Todos os anos o 28 de marzo está marcado no calendario dos vigueses e as viguesas, porque é o día da Reconquista de Vigo e é festivo local 2026 que coincide en sábado. Pero hai máis días sinalados na celebración desta festa que este ano chega á súa 32ª edición.

Programa da Reconquista de Vigo 2026

Reconquista de Vigo 2026

Imaxe: Reconquista da Vila de Vigo

Os días grandes da festa da Reconquista de Vigo 2026 serán o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de marzo. Pero a celebración comezará a fin de semana anterior, o sábado 21 e o domingo 22 de marzo.

Os actos máis esperados da programa da Reconquista de Vigo 2026 repartiranse en cinco días clave, repartidos nas dúas fins de semana de marzo.

O sábado 21 de marzo o principal atractivo será a escenificación da destitución do alcalde e a toma da vila de Vigo polas tropas de Napoleón Bonaparte. Está previsto que teña lugar na Praza do Berbés.

E despois de pasar varios días cos franceses á fronte, a revolución popular comezará a coller forza o luns 23 de marzo coa Reconquista infantil, máis coñecida coma a Reconquistiña, que este ano espera reunir na Praza do Berbés a 2.000 nenos e nenas.

A cativada que participe na Reconquistiña 2026 será toda estudantado de cuarto de primaria de colexios públicos e concertados da cidade. O Concello proporcionaralles o traxe para os que participen no desfile ataviados coma as tropas francesas. Cada colexio liderará a súa presenza cun estandarte co nome do centro e levarán aprendidas as cancións interpretadas no desfile grazas á participación previa en obradoiros de música tradicional.

Os días grandes da Reconquista de Vigo 2026 serán do 27 ao 29 de marzo. Durante estes tres días, o Casco Histórico de Vigo acollerá un gran mercado de época onde milleiros de persoas poderán gozar dos seus postos de gastronomía e de artesanía.

O domingo 29 de marzo está prevista a representación teatral da Reconquista de Vigo, dende as 18:00 h na Porta do Sol, acto no que se producirá a expulsión das tropas napoleónicas por parte de todos os vigueses e viguesas, tal e como aconteceu en 1809, unha fazaña histórica que fixo que Vigo fose o primeiro lugar de Europa en derrotar ao temido exército de Napoleón Bonaparte.

Consulta aquí todo o programa da Reconquista de Vigo 2026:​​​​​​​​​​​​​​

Sábado, 21 de marzo

  • 17:00 h. Torreiro do Berbés: Obadoiro de danzas tradicionais portuguesas.
  • 19:00 h. Torreiro do Berbés: Actuación grupo Estántighas do Berbés.
  • 20:00 h. Torreiro do Berbés: Escenificación da destitución do alcalde e da toma da Vila de Vigo por parte das tropas de Napoleón.
  • 20:45 h. Torreiro do Berbés: Actuación GEFAC da Academia de Coimbra.
  • 21:00 h. Torreiro do Berbés: Búsqueda do tesouro para a mocidade.
  • 21:45 h. Torreiro do Berbés: Actuación do Grupo Os Melidaos.

Domingo, 22 de marzo

  • 11:00 h. Torreiro do Berbés: Demostracións de oficios tradicionais.
  • 11:30 h. Torreiro o Berbés: Obradoiro de baile tradicional por André Adrio.
  • 12:00 h. Torreiro do Berbés: Búsqueda do tesouro para cativos.
  • 13:30 h. Torreiro do Berbés: Actuación gaiteiros Os Tolleitos.
  • 14:30 h. Torreiro do Berbés: Comida popular.
  • 17:00 h. Torreiro do Berbés: Foliada Popular.
  • 17:30 h. Torreiro do Berbés: Búsqueda do tesouro para cativos.

Luns, 23 de marzo: Reconquistiña 2026

  • 10:00 - 13:00 h. Reconquistiña, coa participación de 2.000 nenos e nenas, que farán soar os seus tambores dende a Praza do Concello ata a Praza do Berbés.
  • 10:00 h. Saída dende Venezuela, Paseo de Alfonso e Praza de Compostela, en dirección á Porta do Sol.
  • 11:00 horas. Concentración en Porta do Sol. Intervención do alcalde Don Abel Caballero na Porta do Sol e actuación musical.
  • 11:30 horas. Saída do desfile pola Praza da Constitución, rúa Triúnfo, rúa Palma, Praza da Igrexa, Plaza de Almeida, rúa Real e Praza do Berbés. Ao seu remate haberá chocolatada e actuación musical para todos os nenos e nenas.

Martes, 24 de marzo

  • Casa Galega da Cultura: Charla didáctica.

Mércores, 25 de marzo

  • Porta do Sol: Ensaio xeral da Reconquista da Vila de Vigo.

Xoves, 26 de marzo

  • 20:00 h. Auditorio do Mar: Acto de entrega dos galardóns Vigueses Distinguidos

Venres, 27 de marzo

  • 17:00 - 23:30 h. Mercado da Reconquista 2026, polas rúas Teófilo Llorente, Real, Joaquín Yañez, Oliva, Palma, Eduardo Chao, Méndez Núñez, Elduayen, Paseo de Alfonso e as prazas Berbés, A Pedra, Almeida, Constitución, Princesa e Porta do Sol, e as rúas interiores dese perímetro.
  • 17:15 h. Praza do Berbés: Apertura da zona infantil.
  • 17:30 h. Apertura dos Torreiros.
  • 17:30 h. Ruada de Trebón do Berbés.
  • 18:00 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 19:00 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 19:30 h. Torreiro Estrella Galicia: Actuación de Pandereteiras da Buxaina.
  • 20:00 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 20:30 h. Torreiro Praza dos Ratos: Actuación de Ce Orquesta Fantasma.
  • 21:00 h. Torreiro Central: Actuación de O Son do Río.
  • 21:30 h. Torreiro Estrella Galicia: Actuación de Acordeireta.
  • 21:30 h. Torreiro do Berbés: Actuación de Tarambainas.

Sábado, 28 de marzo

  • 11:00 - 23:30 h. Mercado da Reconquista 2026, polas rúas Teófilo Llorente, Real, Joaquín Yañez, Oliva, Palma, Eduardo Chao, Méndez Núñez, Elduayen, Paseo de Alfonso e as prazas Berbés, A Pedra, Almeida, Constitución, Princesa e Porta do Sol, e as rúas interiores dese perímetro.
  • 11:15 h. Praza do Berbés: Apertura da zona infantil.
  • 11.30 h. Paseo de Alfonso: O Fiadeiro organiza unha foliada infantil.
  • 12:00 h. Centro Cívico do Casco Vello: Charla histórica "O Vigo que viron os franceses durante a Reconquista" de Jorge Lamas Dono (Instituto de Estudos Vigueses).
  • 12.00 h. Torreiro do Berbés: Asalto ao carro.
  • 12.00 h. Torreiro da Praza dos Ratos: Actuación infantil de Peter Punk.
  • 12:30 h. Torreiro do Berbés: Actuación da Escola de Baile Tradicional da AVC Casco Vello.
  • 12.30 h. Torreiro da Porta do Sol: Actuación Banda de Zanfonas de la ETRAD.
  • 13:00 h. Torreiro Eduardo Chao: Obadoiro de baile. Organiza A Buxaina.
  • 13:00 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 13:30 h. Torreiro Estrella Galicia: Actuación de Arghalleiros.
  • 15:30 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 16.00 h. Torreiro do Berbés: Obradoiro de danzas do mundo.
  • 16.30 h. Torreiro da Praza dos Ratos: Actuación do mago Kali.
  • 17.00 h. Torreiro Estrella Galicia: Actuación de Ferreñas da Oliveira.
  • 17:30 h. Torreiro Central: Actuación Títeres.
  • 18.00 h. Paseo de Alfonso: Asalto ao carro de subministros.
  • 18:15 h. Torreiro da Praza dos Ratos: Actuación de Peter Punk.
  • 18:30 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 19:00 h. Torreiro Central: Actuación da Banda de Gaitas da ETRAD.
  • 19:30 h. Torreiro da Praza dos Ratos: Regueifas.
  • 20:00 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 20:30 h. Torreiro da Praza dos Ratos: Actuación do Mago Kali.
  • 21:00 h. Actuación pandereteiras Ferreñas da Oliveira.
  • 21:00 h. Torreiro do Berbés: Actuación de Tarambainas.
  • 21:00 h. Torreiro Estrella Galicia: Actuación de Mari Carmen.
  • 21:30 h. Torreiro Central: Actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés + Ardentía.

Domingo, 29 de marzo

  • 11:00 - 21:00 h. Mercado da Reconquista 2026, polas rúas Teófilo Llorente, Real, Joaquín Yañez, Oliva, Palma, Eduardo Chao, Méndez Núñez, Elduayen, Paseo de Alfonso e as prazas Berbés, A Pedra, Almeida, Constitución, Princesa e Porta do Sol, e as rúas interiores dese perímetro.
  • 11:15 h. Praza do Berbés: Apertura da zona infantil.
  • 11:30 h. Saída de peixeiras dende o Torreiro da Pedra e de verduleiras e rosquilleiras dende o Torreiro da Praza dos Ratos.
  • 11:30 h. Praza do Berbés: Ruada da Treboada Baixo Miño.
  • 12:00 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 12:00 h. Torreiro Praza dos Ratos: Actuación Os Tolleitos.
  • 12:00 h. Torreiro Estrella Galicia: Actuación musical.
  • 12:30 h. Praza do Berbés: Actuación infantil.
  • 12:30 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 15:30 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 16:30 h. Praza dos Ratos: Saóda da Banda de Gaitas do Casco Vello.
  • 17:00 h. Praza do Berbés: Saída da Milicia e Alarmas.
  • 17:00 h. Centro Cívico do Casco Vello: Saída do Exército Napoleónico.
  • 18:00 h. Expulsión das tropas de Napoleón, comezando na Porta do Sol.
  • 19:30 h. Ruadas de Gaiteiros.
  • 20:00 h. Torreiro Estrella Galicia: Actuación de Maghua.
  • 21:00 h. Fin de festa.

Mercado da Reconquista de Vigo 2026

Unha das atraccións máis populares durante a fin de semana central das festas da Reconquista de Vigo 2026 é o Mercado tradicional. Aínda que os postos comezarán a instalarse o xoves 26 de marzo, a partir das 19:00 h, non abrirá ata o venres 27 de marzo, ás 17:00 h.

O Mercado da Reconquista de Vigo 2026 estará situado nas rúas Teófilo Llorente, Real, Joaquín Yáñez, Oliva, Palma, Eduardo Chao, Méndez Núñez, Elduayen, Paseo de Alfonso, así como nas prazas Berbés, A Pedra, Almeida, Constitución, Princesa e Porta do Sol, e as rúas interiores a ese perímetro.

Os postos instalados no Mercado tradicional serán de catro tipos e están ambientados con elementos típicos de 1809.

Horario do Mercado de la Reconquista de Vigo 2026:

  • Venres, 27 de marzo de 2026: 17:00 - 23:30 h.
  • Sábado, 28 de marzo de 2026: 11:00 - 23:30 h.
  • Domingo, 29 de marzo de 2026: 11:00 - 21:00 h.

Que foi a Reconquista de Vigo?

Celebración de la Reconquista de Vigo
Imaxe: Cultura de Galicia

Imos cun pouco de historia. A Reconquista de Vigo, que leva máis de 30 anos celebrándose, fai que o casco histórico volva ao século XIX, pero, que se conmemora exactamente?

Pois ben, precisamente os vigueses e as viguesas celebran que o 28 de marzo de 1809 se producise un levantamento popular que conseguiu expulsar aos franceses de Vigo e converteu a cidade olívica na primeira vila de Europa que conseguiu expulsar ao exército de Napoleón dun lugar conquistado.

A fazaña popular non quedou sen recompensa. Un ano despois, o rei Fernando VII concedeu a Vigo o título de cidade “fiel, leal e valente”.

A Reconquista de Vigo enmarcouse, historicamente, no contexto da Guerra da Independencia española. A cidade foi tomada polas tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte e os vigueses, dirixidos polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” lograron expulsar aos franceses da vila.

O que vemos da Reconquista de Vigo nos nosos días

La Reconquista de Vigo
Imaxe: Deputación de Pontevedra

No día a día non nos damos conta de que a Reconquista de Vigo está presente entre nós. Por exemplo, hai dúas rúas en Vigo que conmemoran os feitos co seu nome, son a rúa Victoria e a rúa Reconquista, ambas as dúas fan referencia ao desenlace da festa.

Tamén hai un monumento aos heroes da Reconquista, que foi inaugurado na praza de España en 1947 e que posteriormente foi trasladado á praza da Independencia.

Outros vestixios da época da Reconquista de Vigo que temos entre nós son os primeiros restos da muralla descubertos no subsolo da cidade.

Durante anos estiveron expostos ao público a través dunha cuberta transparente, pero por motivos de conservación, despois de limpar e consolidar os restos, cubríronse para preservalos.

Agora xa coñeces a historia e o programa da Reconquista de Vigo 2026. Non tes escusa para visitar a cidade olívica nesas datas e lembrar a expulsión das tropas napoleónicas de Vigo.

Fonte imaxe de cabeceira: Cultura de Galicia