Varios clientes avisáronnos de que recibiron chamadas sospeitosas facéndose pasar por R. O noso departamento xurídico xa está a traballar no tema, porque é algo moi grave . En todo caso, lembra que:
- os nosos operadores sempre chaman dende Galicia. E en caso de dúbida, ou se o acento che fai sospeitar, sabes que sempre entendemos e falamos en galego (outros non).
- se alguén che pide os 20 díxitos da conta bancaria, desconfía. En R nunca o facemos. Como máximo os seis últimos díxitos, para asegurarnos de que es ti o titular do servizo.
Aproveitamos para aclarar outra dúbida: en R NUNCA cedemos os datos de ningún cliente a outros operadores. Tomamos moi en serio a protección de datos de carácter persoal e nunca xogariamos con este tema. Ademais de que sería de parvos ofrecer estes datos á competencia, porque o único que gañariamos é perder clientes.
Imaxe de Esteban López