Este mes de xuño estamos de estrea. Inauguramos tempada estival, volvemos aos poucos á normalidade e lanzamos 4 novos móbiles para que tamén estrees smartphone. E facémolo ao grande, co esperado iPhone SE á cabeza, un iPhone pero por moito menos. Imos coas presentacións:

iPhone SE

O deseño xa é chulo pero é que, ademais, en R témolo en cor vermella. Se queres un iPhone pero se che escapa de orzamento, o SE leva o teu nome. Ten o mellor de iPhone, o seu chip máis potente e o tamaño máis popular, pero a un prezo máis alcanzable.

Acenos de identidade:

  • Pantalla Retina HD de 4,7"
  • Deseño resistente de vidro e aluminio
  • Resistente á auga (ata 1 metro durante 30 minutos)
  • Cámara de 12 MPX con modo retrato e control de profundidade para que difumines o fondo mesmo nos teus selfies
  • Vídeo 4K
  • iOS 13

Estréao en R.

OPPO A91

Outra das marcas que está a pegar moi forte ten algo novo para ti, o OPPO A91, o teléfono máis delgado e livián da serie A ata o de agora. E ademais de lixeiro e fino, leva cámara cuádrupla e unha batería de longa duración.

Queda con estes datos:

  • Pantalla AMOLED FHD+ de 6,40 polgadas
  • Pegada dixital en pantalla
  • Cuádrupla cámara: angular 48 MPX, grande angular 119º 8 MPX, macro 2 MPX e profundidade 2 MPX. A cámara selfie vaise ata os 16 MPX
  • Memoria de almacenamento de 128GB
  • Batería 4025 mAh de longa duración e carga rápida
  • Android 9,0

Xa está dispoñible en cor azul en R.

Estrena verano, estrena móvil OPPO A91

LG K51s

A serie K, a gama de móbiles económicos de LG, incorpora o LG K51s. O seu puntazo: catro cámaras, gran rendemento a un prezo moi económico e 5 anos de garantía.

Descúbreo:

  • Pantalla FullVision 6,50"
  • Catro cámaras na traseira: principal de 35 MPX, grande angular 115º de 5 MPX, sensor de profundidade para modo retrato de 2 MPX e sensor macro de 2 MPX
  • 64GB de memoria interna e 3GB de RAM
  • Batería 4000 mAh
  • Certificación militar de resistencia
  • 5 anos de garantía

Faite con el en cor titanio en R.

Estrena verano, estrena móvil LG K51s

LG K41s

Irmán pequeno do anterior, moi parecido con pequenas diferenzas que che ensinamos para que compares e elixas o que máis se adapta a ti. Bótalle un ollo:

  • Pantalla FullVision 6,55"
  • Catro cámaras na traseira: principal de 13 MPX, gran angular 115º de 5 MPX, sensor de profundidade para modo retrato de 2 MPX e sensor macro de 2 MPX
  • 32GB de memoria interna e 3GB de RAM
  • Batería 4000 mAh
  • Certificación militar de resistencia
  • 5 anos de garantía

Espérate en R en cor titanio.

Estrena verano, estrena móvil LG K41s

Xa te decidiches por un?