Hai parellas inseparables como o cine e os flocos de millo, o sofá e a manta, o polbo e os cachelos... e o móbil e os accesorios. É que sen auriculares ou reloxos intelixentes parece que ao teu teléfono lle falta algo. Emparéllao en R por só 1,5€ máis ao mes e leva 2 meses de seguro móbil gratis.

Elixe o complemento inseparable do teu móbilR

Se compras un móbil en R, podes elixir o accesorio que mellor lle vai por só 1,5€ máis ao mes.

    Auriculares ZTE Live Buds
  • Auriculares ZTE Live Buds: Para escoitar música ou atender chamadas con só un toque no auricular. Son lixeiros e cómodos para as orellas, resisten á auga, conéctanse por Bluetooth e son compatibles con Android e iOS. Ademais, a súa batería dura ata 20 horas.
  • Reloj ZTE Watch Live
  • Reloxo ZTE Watch Live: Goza doutra maneira de facer deporte co reloxo intelixente todoterreo que resiste á auga, controla as túas pulsacións, axúdache a adestrar con 12 modos de deporte, controla remotamente o soño e móstrache as notificacións de chamadas, mensaxes e correos electrónicos. E de autonomía, con só 5 minutos de carga, dúrache un día enteiro de uso.
  • Banda deportiva Oppo Band Sport
  • Banda deportiva Oppo Band Sport: Non só che vale para facer deporte, tamén che notifica mensaxes e chamadas que chegan ao teu móbil, sérveche como reloxo de pulso que personalizas con 40 deseños, podes ducharte con el porque resiste á auga e dúrache ata 12 días cunha soa carga completa.

2 meses de seguro móbil gratis

Ademais, queremos aforrarche unha preocupación ao estrear móbil. En R asegurámoscho gratis durante 2 meses para que unha rotura accidental non sexa un problema.

Así que, xa sabes: Elixe na nosa páxina de móbiles R o que máis che gusta, escolle un accesorio por 1,5€ máis ao mes e goza de seguridade durante 2 meses.