Os clásicos regalos de pai, nos tempos que corren, tampouco che van facer moito servizo. Colonia? xemelgos? gravata? Pouca ocasión vas ter. Aínda que, o pixama non é tan mala idea 😉. Pero o que si che fará levitar é un móbil dos bos, unha tablet, un portátil ou un televisor. Regálache tecnoloxía, regálache R.
A ocasión perfecta para estrear un smartphone de altas prestacións
Cun smartphone de tripla ou cuádrupla cámara igual ata che fas un unpackaging en Youtube 😉 do contento que che vas poñer. En R podes levar estes dous móbiles moi premium a prezos alcanzables:
- Oppo Reno 4 (5G): quereralo pola súa cuádrupla cámara 48+8+2+2 MPX, corpo fino e desbloqueo en pantalla, capacidade de almacenamento de 128GB ou polo seu potente rendemento con 8GB de RAM. Ademais, co seu modo aforro de enerxía podes WhatsAppear durante 1,5 horas con só o 5% de carga de batería.
- Samsung Galaxy S20 FE: levas pantalla inmersiva de 6,5 polgadas, tres cámaras 12+12+8 MPX e selfie de 32 MPX, batería intelixente para xogar todo o día, 128GB para gardar miles de fotos e vídeos e resistencia á auga. O móbil que o ten todo.
Ou regálate unha tablet, un portátil ou un televisor
Se xa tes un bo móbil ou estás contento co teu, en R traémosche máis ideas para darche un capricho este Papaíño’s Day.
- LG TV LED HD 32": para ser o auténtico rei do mando e desfrutar da túa serie favorita na televisión R, regálache o primeiro Smart TV con Intelixencia Artificial.
- Tablet Samsung Galaxy TAB A7 (4G): delgada, deseño en metal, pantalla de 10,4 polgadas para que te entreteñas; e modo escuro para reducir a fatiga visual.
- Portátil Lenovo Thinkbook 14 intel Core i3: Windows 10 Pro 64, potente procesador e amplo almacenamento. Transpórtase facilmente grazas aos seus só 17,9 mm de grosor. E os seus dous altofalantes Dolby Audio permiten escoitar á perfección nas videochamadas.
Esperamos terche botado un cable con estas ideas para autorregalarte en R.
Merécelo ben merecido!