Hoxe ensinámosche como funcionan algúns sistemas de control parental no móbil para manter os máis pequenos a salvo de contido inadecuado. Os nenos parece que naceron cun móbil debaixo do brazo, é asombroso como instintivamente deslizan o dedo pola pantalla e navegan con normalidade cando aínda non lles quitaron nin o chupete . É importante activar algún mecanismo de control parental para que non accedan a aplicacións ou funcións do móbil que queremos restrinxirlles. Dámosche varias opcións para facelo. Toma nota.

Control parental en sistemas operativos Android e iOS

Nos móbiles con sistema operativo Android 6.0 Marshmallow e superiores podes crear varios usuarios (axustes > usuarios) para restrinxir accesos. O mesmo nos Android 5.0 Lollipop, pero non todos os smartphones o inclúen. Versións inferiores do sistema operativo, do 4.4 KitKat para abaixo, non dispoñen desa opción.

Nos dispositivos iPhone podes bloquear ou limitar apps e funcións activando as restricións en Axustes > Xeral > Restricións. Terás que crear un código de acceso. Aquí explícanche como activalo.

Control parental nas compras de apps

Se non queres levar un desgusto na factura ou queres evitar que os teus fillos descarguen algunha aplicación con contido inadecuado, debes activar o control parental nas plataformas de compra de apps.

En Google Play podes configurar o control parental dependendo do nivel de madurez. Para membros da familia que teñan 13 anos como mínimo, a través da opción “control parental”; e se son menores de 13 anos, utilizando a app Family Link. Aquí explícanche como configuralo.

No caso de Apple, podes restrinxir os contidos a través da funcionalidade "En familia", que che permite crear un ID de Apple para menores de 13 anos.

Apps de control parental

A lista de apps para restrinxir contidos é bastante ampla. Deixámosche algunhas das máis populares para que probes o seu funcionamento.

E para que desfruten con sentidiño, elixe a mellor tarifa para o seu primeiro móbilR, a tarifa R pre-pavo. A TR 100 1GB inclúe 100 minutos cada mes para chamar a calquera fixo ou móbil nacional (cun límite máximo por chamada de 60 minutos) e 1GB de datos. Así terán datos no seu terminal para acceder a diferentes aplicacións e algúns minutos, por se necesitan chamar e contactar contigo.

Tamén che pode interesar: