Como o oes, lanzamos o noso propio challenge porque somos uns modernos . Retámosche a dobrar as series máis xeniais de TNT. Serías quen de meterte na pel de Lagertha de “Vikingos” ou imitar a Javier Cámara en “Vamos Juan”? Estamos seguros de que si.
Esperamos o teu audio e un xurado altamente cualificado escollerá a dobraxe máis divertida. Poderás conseguir unha Tablet Samsung Galaxy Tab A (10.1″, 64 GB, 4 G, 2019) e un pack de “Rick y Morty”, a serie máis vándala de TNT, que inclúe mochila, estoxo, cunca e calcetíns.
Como participar?
É moi fácil: grávate un audio no móbil dobrando un dos fragmentos de “Vikingos”, “Vamos Juan” ou “Rick y Morty” que seleccionamos. Cando creas que está perfecto, envíasnos o audio en mp3 ao correo electrónico [email protected] indicando os teus datos persoais así como os da persoa titular do contrato se fosen diferentes (nome, apelidos, número de teléfono e DNI) e indicando no asunto do correo electrónico 'Concurso TNT'.
Para superar este challenge, debes seguir a R no noso Facebook, Twitter ou Instagram, onde colgaremos as vosas dobraxes.
Dámosche dúas semaniñas para participar, do 1 ao 15 de xullo. Non o deixes para o último día. Podes consultar aquí as bases do concurso.
E aquí están os fragmentos do reto. A por eles!:
GAÑADOR: Lorena Pérez Valladares